Descobre as actividades coas que poderás gozar do Samaín de Área Central

Descobre as actividades coas que poderás gozar do Samaín de Área Central

Seguimos coas nosas novidades do mes de outubro e esta vez, xa non só con motivo do noso 28 aniversario senón que ademais, temos unhas actividades moi típicas da época na que estamos. A ti tamén che gusta celebrar o Samaín? Pois queda a ler isto un anaco e marabíllate coas actividades que temos estes días en Área Central.

Participa no noso concurso de cabazas

Dende o venres 22 ata o xoves 28 de outubro podes participar no noso concurso de cabazas. Ven a Área Central e entrega a túa cabaza no noso novo establecemento, Vivo Eventos, en horario de 11:00h a 14:00h e de 17:00h a 21:00h. Ten en conta que poderás concursar de xeito individual ou en grupo e consulta as nosas bases.

Convence aos teus amigos para participar e despois dunha tarde de manualidades, ¡trae a túa cabaza a loitar polo primeiro posto!

Posa no photocall de Samaín

Queres ter as mellores e máis terroríficas fotos desta festividade? Na esquina amarela de Área Central poderás lucirte posando, pois dende o mércores 27 estará instalado un photocall de Samaín coa decoración máis axeitada.

¡Ven fotografiarte cos teus amigos e non te esquezas de compartir as túas imaxes con nos!

Acude á exposición de cabazas

Dende o xoves 28 ata o martes 2 de novembro estarán expostas as cabazas participantes no noso concurso. Ademais, o último día anunciaremos aos gañadores nas redes sociais de Área Central. O primeiro posto, que será quen teña “A mellor cabaza” levará 100€ para gastar nos nosos establecementos comerciais.

E por suposto, os participantes tamén terán a posibilidade de ter premio, pois realizarase o sorteo dunha cesta de gominolas entre todos os donos das cabazas participes do concurso.

A que da ganas de concursar?

Leva ós cativos a gozar coas pintacaras terroríficas

Este venres 29 e o sábado 30, en horario de 18:00h a 20:00h os máis pequenos poderán lucir coas pintadas máis fermosas de Samaín, e tamén coas máis horripilantes. Pois na esquina amarela do noso centro haberá un pintacaras terrorífico que fará que a cativada vaia para as súas casas cun aspecto diferente e do máis simpático.

Seguimos co noso aniversario

E recorda, todas estas actividades coincidirán coas do noso 28 aniversario. Pois ata o luns 1 de novembro tamén segue habendo na zona azul videoxogos arcade. Este venres 29 haberá inchables e zona de xogos, de 18.00 a 20.00 h.; e o sábado, de novo inchables e unha nova sesión de Ludoarte, tamén de 18:00 a 20:00 h.

Se ves estes días mercar a Área Central, de paso que deixas a túa cabaza en Vivo Eventos, lembra que está activa unha nova edición de Os teus cartos valen máis. Cumprir anos nunca foi tan bo!

 

Aínda non compraches a túa cabaza? Pois bule, porque aínda estás a tempo de decorala e participar no noso concurso. Ven mercar a Área Central e desfruta de todas as nosas actividades. Agardámoste nunha das findes máis especiais do ano!