Saltar ao contido

Área Central

CONVIDÁMOSTE A DESFRUTAR DO 28 ANIVERSARIO DE ÁREA CENTRAL

  • Novas
28 Aniversario Área Central

O noso centro está de aniversario! Xa son 28 anos ao voso lado e por iso, queremos convidarvos a celebralo connosco. Queres estar ao tanto de tódalas actividades que preparamos este mes en Área Central? Sigue lendo para descubrilas!

Gran photocall outonal

Neste 28 aniversario de Área Central preparamos un espazo perfecto para sacarse as fotografías máis outonais. O noso photocall trátase dunha zona especial creada con follas caducas e cabazas que se atopa na esquina vermella de Área Central. Ven a sacar as túas fotos e compárteas nas túas redes co hashtag #EuMercoenArea, estamos desexando velas!

Reparto de castañas… e algunhas, con sorpresa!

Non podíamos ter un aniversario sen agasallos para todos, verdade? Dende o xoves 14 ata o sábado 16 estaremos repartiremos, entre os clientes que merquen no noso pequeno comercio, algo moi moi sabroso e típico do outono: un paquetiño de castañas! Repartirémolas dende as 17:00h ata as 20:00h, por compras superiores a 20. Pero ademáis, algún levarán premio extra, pois entre os paquetes de castañas haberá agochadas tamén 45 tarxetas regalo para gastar no hipemercado Alcampo. Podes consultar a dinámica desta promoción aquí!

Un paseo no tempo na nosa xona de videoxogos Arcade

Gustaríache amosarlle aos teus fillos como eran as consolas do teu tempo? Pois durante o noso aniversario non podían faltar os videoxogos! Do martes 19 de outubro ao luns 1 de novembro, na esquina azul de Área Central haberá unha gran exposición de videoxogos Arcade con diferentes máquinas de videoxogo vintage dos anos 80 e 90. A zona estará aberta polas tardes, en horario de 17:00 a 20:00 horas, e o acceso será gratuíto. Non perdas a oportunidade de amosarlle aos teus cativos o divertidos que son os xogos máis clásicos e tradicionais! Botar a vista atrás, nunca foi tan fácil.

A diversión está garantida para os máis cativos

O ocio sempre está presente no noso centro, e por iso, os venres 22 e 29 de outubro haberá unha zona de xogos para os máis pequeniños na esquina azul. Será dende as 18:00h ata as 20:00h e estará xestionada por un monitor. Poderás despreocuparte, os teus cativos quedarán ben atendidos! Ademais, na esquina amarela haberá tres inchables gratuítos onde os pequenos poderán brincar xuntos. Pasalo ben é doado en Área Central!

Volve Ludoarte a Área Central

Despois de desfrutar de Ludoarte de maneira online a través das nosas redes sociais, agora é o momento de volver a Área Central. E que mellor momento para este regreso que o noso aniversario! Os máis pequenos poderán gozar de novo de talleres e actividades propostas na ludoteca do noso centro, de xeito presencial. Se queres facer as túas compras nas nosas tendas, deixa aos cativos connosco e merca tranquilamente durante unha hora. A que xa se botaba de menos?

Como vedes, este mes non teremos tempo para aburrirnos en Área Central. E é que ademáis do noso aniversario, tamén celebraremos o Samaín con actividades moi divertidas para toda a familia. Contámolo pronto na web e nas nosas redes!