Saltar ao contido

Área Central

CONCURSO-SORTEO: CONTA OS CORAZÓNS QUE PUXEMOS NO CHAN NA NOSA DECORACIÓN DE SAN VALENTÍN E PARTICIPA NO SORTEO DE 30 EUROS PARA GASTAR NO HIPERMERCADO ALCAMPO

  • Eventos

CONCURSO-SORTEO: CONTA OS CORAZÓNS QUE PUXEMOS NO CHAN NA NOSA DECORACIÓN DE SAN VALENTÍN E PARTICIPA NO SORTEO DE 30 euros PARA GASTAR NO HIPERMERCADO ALCAMPO

BASES DO CONCURSO:

1.- Compañía organizadora

A COMUNIDADE DE PROPIETARIOS DO CENTRO COMERCIAL AREA CENTRAL, en adiante AREA CENTRAL, organiza o CONCURSO “CONTA OS CORAZÓNS QUE PUXEMOS NO CHAN NA NOSA DECORACIÓN DE SAN VALENTÍN E PARTICIPA NO SORTEO DE 30 euros para GASTAR No hipermercado ALCAMPO”, xentileza do espazo comercial ÁREA CENTRAL, de carácter gratuíto.

2.- Desvinculación con respecto a Facebook e Instagram

Facebook e Instagram non patrocinan, nin avalan, nin administran de modo algún esta promoción, nin están asociados a ela. O usuario desvincúlase totalmente de Facebook e Instagram e é consciente de que está proporcionando a súa información a AREA CENTRAL e non a Facebook ou Istagram. A información que proporcione empregarase para xestionar a participación do concursante e para comunicarlle o premio.

3.- Obxecto e mecánica do concurso

O premio consiste nun VALE AGASALLO POR VALOR DE 30€ PARA GASTAR NO HIPERMERCADO O ALCAMPO de ÁREA CENTRAL. Para concursar é obrigatorio que o participante deixe un comentario na publicación do concurso realizada no Facebook de Área Central (www.facebook.com/area.central), e no Instagram de Área Central (https://www.instagram.com/areacentralcc/?hl=es), indicando o número de corazóns que se puxeron no chan de Área Central para a decoración de San Valentín, tanto no accesos a pé dende o parking e dende as rúas, como na planta baixa e na planta primeira. Farase un sorteo entre todas as persoas que acerten o número exacto de corazóns.

Eliminaranse as participacións inadecuadas. A participación no concurso supón a cesión e autorización expresa de todos os dereitos de propiedade intelectual e de imaxe sobre as participacións, de forma que o participante cede a ÁREA CENTRAL os dereitos de explotación de natureza intelectual, industrial e/ou de imaxe que poida corresponderlle ao derivar das participacións enviadas para participar no Concurso.

4.- Duración e Ámbito

A actividade desenvolverase a nivel autonómico (ámbito galego). A data de comezo do concurso será o venres 11 de febreiro de 2022, e a data de finalización será o luns 14 de febreiro de 2022, ás 10:00 h.

5.- Requisitos para participar

Poderán participar na Promoción todas as persoas físicas maiores de 18 anos que deixaran o comentario correspondente na publicación do concurso publicada no Facebook e Instagram de Área Central, e que teñan un perfil de usuario real. Non poderán resultar gañadores deste concurso empregados, comerciantes ou propietarios dos establecementos comerciais que forman parte do Centro Comercial Area Central. Só se poderá participar unha vez en cada rede social.

6.- Selección do gañador/gañadores, suplentes, comunicación e entrega

O luns 14 de febreiro efectuarase o sorteo entre aqueles que acertaran o número de corazóns que se puxemos no chan, tanto nos accesos a pé dende o parking e das rúas como pola planta baixa e a planta primeira, como decoración de San Valentín. Empregarase a aplicación Sortea2, onde se incorporarán os nomes de todos os acertantes para, de xeito aleatorio, escoller ao gañador do concurso. AREA CENTRAL porase en contacto co gañador para acordar ambas partes o modo de entrega do premio. Se non se logra contactar co gañador nun prazo de tres días desde o primeiro intento de contacto, ou estes renunciasen ao agasallo, procederase a seleccionar un novo gañador, perdendo o anterior gañador o seu dereito a reclamar o premio. Así mesmo, comunicarase o nome do gañador na páxina de Facebook e de Instagram @area.central, unha vez finalizada a promoción.

7.-Premio

O premio consiste en 1 VALE AGASALLO POR VALOR DE 30€ PARA GASTAR no HIPERMERCADO ALCAMPO de área central. O premio, en ningún caso, poderá ser cambiado por outro produto ou polo seu valor en metálico.

8.- Reservas e limitacións

Entenderase, a título enunciativo pero non limitativo, que se produce fraude, cando se detecta o suposto uso de aplicacións independentes ao Website; a realización dun abuso de consultas ao servidor e todos aqueles comportamentos que poidan resultar aparentemente abusivos e/ou malintencionados. A constatación de calquera destas circunstancias durante o concurso suporá a descualificación automática do sorteo así como a perda do premio se fora o gañador. AREA CENTRAL queda eximida de calquera responsabilidade no suposto de existir algún erro nos datos facilitados polos propios agraciados que impida a súa identificación. AREA CENTRAL resérvase o dereito a emprender accións xudiciais contra aquelas persoas que realicen calquera tipo de acto susceptible de ser considerado manipulación ou falsificación do concurso. AREA CENTRAL exclúe calquera responsabilidade por danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á falta temporal de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento dos servizos mediante os que se participa na promoción, á defraudación da utilidade que os usuarios poidan atribuír aos mesmos, e en particular, aínda non de xeito exclusivo, aos fallos no acceso ás distintas páxinas e envíos de respostas de participación a través de Internet. AREA CENTRAL resérvase o dereito a efectuar cambios que redunden no bo fin do sorteo cando concorra causa xusta ou motivos de forza maior que impidan levala a termo no xeito e forma que recollen as presentes bases. AREA CENTRAL resérvase o dereito a aprazar ou ampliar o período do concurso, así como a facultade de interpretar as presentes bases legais. Así mesmo, AREA CENTRAL quedará exenta de toda responsabilidade se concorre algún dos casos sinalados, así como de calquera responsabilidade polos danos e prexuízos que poidan ocasionarse durante o desfrute do premio.

9.- Protección de datos

Normativa: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD. Responsable do tratamento: COMUNIDADE DE PROPIETARIOS DO CENTRO COMERCIAL ÁREA CENTRAL

CIF: H15431273

Enderezo: Edificio Área Central de Fontiñas Sótano 1-Local A4, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) Teléfono: 981560845

Correo electrónico: marketing@areacentral.es

Finalidade: A xestión dos datos de carácter persoal recabados para a participación no concurso: CONTA OS CORAZÓNS QUE PUXEMOS NO CHAN NA NOSA DECORACIÓN DE SAN VALENTÍN E PARTICIPA NO SORTEO DE 1 VALE AGASALLO POR VALOR DE 30€ PARA GASTAR EN ALCAMPO”.

Lexitimación: Consentimento do interesado.

Conservación dos datos: Os datos que vostede nos teña facilitado destruiranse unha vez transcorrido o prazo de seis meses desde a finalización do concurso, salvo os dos gañadores que poderán utilizarse conforme ó establecido no apartado tres das bases.

Destinatarios: Cederanse datos a Facebook/Instagram (ó pinchar o botón ME GUSTA Facebook tratará os teus datos conforme á súa política de privacidade: www.facebook.com/about/privacy/).

Transferencias Internacionais de datos: Non se realizarán transferencias internacionais de datos.

Dereitos do interesado:

– Acceso: dereito a obter confirmación sobre se estamos tratando datos persoais seus ou non, a saber cales son, para que se usan, canto tempo se van gardar, a orixe dos mesmos e se se comunicaron ou se van comunicar a un terceiro.

– Rectificación: dereito a solicitar a rectificación dos datos inexactos e a que se completen os datos persoais incompletos.

– Supresión: dereito a solicitar a supresión dos datos de carácter persoal cando sexan inadecuados, excesivos ou xa no sexan necesarios para os fins para os que se recolleron, incluído o dereito ó esquecemento.

– Oposición: dereito a opoñerse, en determinadas circunstancias, a que se realice o tratamento dos seus datos persoais ou a solicitar que se cese no tratamento.

– Limitación do tratamento: dereito a solicitar, nas circunstancias establecidas legalmente, que non se traten os seus datos más aló da mera conservación dos mesmos.

– Portabilidade: dereito a recibir os datos de carácter persoal nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, e poder transmitilos a outro responsable, sempre que sexa tecnicamente posible.

Exercicio dos dereitos: O exercicio de dereitos deberá efectuarse por escrito adxuntando fotocopia do seu documento identificativo, e dirixila á dirección anteriormente citada. Así mesmo, poñemos a súa disposición modelos para o seu exercicio, que poden recollerse nas nosas instalacións.

Para máis información: www.agpd.es

Dereito de reclamación ante a Autoridade de Control: No caso de que no se teñan respectados os seus dereitos pode presentar unha reclamación dirixíndose por escrito á Axencia Española de Protección de Datos sita na rúa Jorge Juan, 6 – 28001-Madrid ou utilizar a sede electrónica: https://sedeagpd.gob.es

En ambos casos, deberá acompañar a documentación pertinente.

10.- Aceptación das bases

A simple participación no concurso implica a aceptación das presentes Bases, polo que a manifestación no sentido de non aceptación da totalidade ou parte das mesmas implicará a exclusión do participante e como consecuencia disto, AREA CENTRAL quedará liberada do cumprimento da obriga contraída con dito participante.