Saltar ao contido

Área Central

Concentración de coches Fastlife ExpoMotor, o sábado 31 de maio en Área Central

O sábado 31 de maio os afeccionados ao mundo do motor están chamados a visitar Área Central. Acolleremos a concentración de coches Fastlife ExpoMotor. Trátase dunha que reunirá máis de cen vehículos, entre eles coches modificados, vehículos de competición, os últimos lanzamentos do mercado e coches clásicos (con máis de 25 anos). O obxectivo é achegar o apaixoante mundo do motor a todos os públicos.

Moitos coches e actividades complementarias

Os coches son os protagonistas deste mes de maio en Área Central. Despois do I Open Galicia Rallyslot, o sábado 31 contaremos con esta concentración de coches. Fastlife ExpoMotor nace co obxectivo de achegar o mundo do motor a todas as persoas, desde os máis pequenos, que poderán desfrutar de vehículos espectaculares e chamativos, ata os maiores, que quizáis se reencontren con modelos que hai tempo que non ven.

Un Jaguar dos anos 70, un Nissan GTR R35 e un Mercedes 190 Evo serán algúns dos coches participantes. Esta actividade está organizada por Fran Antelo, xestor da páxina de Instagram @fastlife_ms, con máis de 46.000 seguidores. Ademais, forma parte do programa de festas da Ascensión de Santiago.

O programa da xornada tamén inclúe varios espectáculos e demostracións, como o rotulado dun vehículo en directo e unha actividade enfocada ao correcto coidado e acondicionamento da pintura dos nosos vehículos.

PROGRAMA DA XORNADA

16:00 h.: Rotulado en directo.

18:00 h.: Espectáculo de detallado automotriz.

20:00 h.: Sorteo de premios e peche.

Para poder levar a cabo este evento, cóntase co patrocinio de negocios locais e grandes marcas galegas: Sisbrill, Nitrosport, Protamarc, Asap Servicios Gráficos, Compostela Móvil Concesionario Toyota, Concesionario Cupra Compostela Motor, Renault Santiago, HidroFusión e novos emprendedores como ShineX e Belinda Adkinson de ByCar.

Área Central, plan para todos os gustos

Plan de compras, de ocio, de restauración e de eventos como este. Xa sabes: ningún fin de semana é igual en Área Central. Visita o noso programa de eventos e entérate de todo o que estamos preparando para ti.