Saltar ao contido

Área Central

A comida peruana chega ao Outlet Área Central con Atahualpa Tasty Cuisine

A comida peruana chega ao Outlet Área Central da man do seu novo restaurante. Chámase Atahualpa Tasty Cuisine e podes atopalo na esquina vermella da planta baixa. Trátase dunha oferta de restaurante peruano en Santiago de Compostela que seguro que te encantará.

No café-restaurante Atahualpa Tasty Cuisine poderás xantar e cear desfrutando da rica gastronomía peruana. Dela destaca a súa diversidade de sabores e os seus matices asiáticos.

Atahualpa Tasty Cuisine agárdate para que poidas descubrir a riqueza da cociña peruana, se aínda non a probaches. Se xa a coñeces, atoparás en Atahualpa Tasty Cuisine un restaurante que debes apuntar para gozar dos sabores máis auténticos procedentes de Perú.

Ademais de como restaurante, tamén ten servizo de cafetería. Deste xeito, tamén podes almorzar ou tomar un descanso e coller forzas na túa visita a Área Central na súa terraza interior. Atahualpa Tasty Cuisine está en mans de profesionais con ampla experiencia na hostalaría e a cociña.

Atahualpa Tasty Cuisine únese á oferta de hostalaría e restauración do Outlet Área Central, que cada vez é máis interesante e variada. Isto unido á nosa variedade exclusiva de outlets das firmas máis importantes converte a Área Central nun lugar imprescindible para visitar e gozar nos teus momentos de compras e relax.