Saltar ao contido

Área Central

Ciencia con Ludoarte en Área Central

  • Eventos

Ao igual que no pasado mes de setembro, os próximos sábados 3 e 10 de outubro os máis pequenos da casa poderán vir a Área Central a desfrutar, aprender e desenvolver a súa creatividade con Ludoarte.

A ludoteca terá lugar na esquina amarela da area comercial de 18:00 ás 20:00 h. Nesta ocasión, os nenos e nenas de máis de 4 anos realizarán, durante unha hora, axudados por monitores especializados diferentes talleres relacionados coa ciencia mentres os maiores podedes desfrutar das compras e o lecer que vos ofrece Área Central.

Este primeiro sábado, 3 de outubro, as actividades estarán centradas en que os mais peques exploren as reaccións químicas. Entre outras cousas poderán ver dende pequenas erupcións de cores ata a dun súper volcán. Ademais, e sempre coa axuda dos monitores, tamén o pasarán en grande cunha lámpada de lava. Os talleres que se poderán realizar o día 10 seguirán a mesma temática, a ciencia.  Así os nenos poderán converterse nuns pequenos científicos!

Nestas ocasións, ao igual que sucedeu no mes de setembro, Ludoarte comporase de tres grupos de cinco rapaces, e cada un deles contará co seu material individualizado para poder facer as manualidades, que será desinfectado en cada cambio de quenda.

Debido a Covid-19 as medidas que se seguirán para que a diversión sexa segura son as seguintes:

  1. É imprescindible o uso de mascarilla para participar na actividade, salvo as excepcións marcadas pola normativa vixente.
  2. Mantén a distancia de seguridade sempre que sexa posible
  3. Dispoñemos de xel hidroalcólico que debes botar antes de entrar e saír do espazo.
  4. Evitaremos, na medida do posible, o uso compartido de material. Cada quen ten un espazo para as súas pertenzas. Evita coller ou tocar as cousas alleas!
  5. Non se pode correr ou entrar e saír sen permiso. Agarda que as monitoras che digan que facer e pregúntalles se tes algunha dúbida.

Ven a desfrutar dos primeiros fins de semana de outubro en familia a Área Central. Temos actividades para todos.