Chegou o Entroido a Área Central!

Chegou o Entroido a Área Central!

Cociña saborosa, maquillaxe, sombreiros, perrucas… chegou o Entroido a Área Central! Dende este venres 17 ata o mércores 22 de febreiro desfruta da festa máis divertida do ano.

Aquí vos amosamos o noso programa de actividades:

Venres 17:

  • Ás 19:00 h. na cociña de Área Central (esquina vermella): Showcooking de Entroido co cociñeiro Miguel Mosteiro.

Sábado 18:

  • Ás 18:00 h. na cociña de Área Central (esquina vermella): Ludoarte “Especial Cociña de Entroido”. O noso servizo de ludoteca porá aos peques a facer unhas filloas riquísimas mentres ti podes facer as túas compras.
  • Ás 18:00 h. no soto de Área Central (esquina verde): Festa rechamangueira. Coa temática do filme dos anos 80 Fama e en colaboración co Espazo de lecer María Miramontes, a Rede de Centros Socioculturais do Concello de Santiago, Centro xuvenil Don Bosco, Construíndo barrio e Movemento pola Paz.

Luns 20:

  • De 17:30 a 19:30 h. na esquina azul de Área Central:
  • Obradoiro: Sombreiros estrambóticos, maquillaxe de Entroido e zona de xogos.

Martes 21:

  • De 17:30 a 19:30 h. na esquina azul de Área Central:
  • Obradoiro: Máscaras de Entroido, maquillaxe de Entroido e zona de xogos.

Mércores 22:

  • De 17:30 a 19:30 h. na esquina azul de Área Central:
  • Obradoiro: Pelucas tolas, maquillaxe de Entroido e zona de xogos.

Xa sabes, no Entroido de Área Central non che faltará de nada. Anota que día prefires vir e desfruta de tódalas nosas actividades. Agardámoste!

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies