En Área Central seguimos anunciando máis firmas que se sumarán ao noso outlet. Agora é o turno de comunicar as inminentes incorporacións dos outlets das firmas galegas El Pulpo e Nanos a Área Central
El Pulpo é unha firma de moda sostible creada en 2005. Destaca polas súas prendas de deseños exclusivos con espíritu atlántico e polo seu amor ao mar e á natureza. A empresa adquiriu hai dous anos a marca de moda infantil Nanos. Nanos leva máis de 60 anos vestindo aos máis pequenos con estilo e calidade. O outlet de Nanos en Área Central será o único outlet que terá esta firma en Galicia.
Ambas tendas ubicaranse na zona outlet de Área Central. Estarán onde as demais firmas de moda e calzado outlet xa instaladas e poderanse desfrutar nas vindeiras semanas.
Outlets exclusivos
Área Central é sinónimo de outlets exclusivos de marcas recoñecidas a nivel nacional e internacional. O anuncio da chegada de El Pulpo e Nanos a Área Central súmase ás xa comunicados hai un mes: as tendas de moda Silbon e El Ganso.
Polo tanto, Silbon, El Ganso, El Pulpo e Nanos formarán parte pronto do universo outlet de Área Central e uniranse aos xa presentes. Os outlets de Bimba y Lola, Purificación García, Scalpers, Fifty (Grupo Cortefiel), Krack e as firmas multimarca Zabba e Lolita Moda atópalos en Área Central.
Tamén hai que destacar a exclusividade da nosa oferta. Os outlets de Bimba y Lola, Purificación García, Scalpers e os futuros Silbon, El Ganso e Nanos, articulan unha oferta exclusiva na zona noroeste da península. Os seus outlets só os podes atopar en Área Central.