Saltar ao contido

Área Central

CENTOS DE DISCOS E PELIS NA SÚA FEIRA, EN ÁREA CENTRAL

  • Eventos

Este xoves 16, venres 17 e sábado 18 chega nunha ocasión máis a Feira do Disco e do Cine a Área Central! Nesta actividade, os coleccionistas e amantes da música e do cine de todos os tempos teñen unha visita obrigada.

Volve a Feira do Disco e do Cine a Área Central

Nestes tres días estarán representados todos os estilos musicais, desde o pop á salsa e do heavy á música clásica 💿. No apartado cinematográfico os afeccionados ao sétimo arte poderán conseguir material relacionado cos seus actores, actrices, películas ou directores favoritos: DVD´s descatalogados, edicións especiais, posters, camisetas, merchandising, etc.

Esta feira poderase visitar na esquina vermella de Área Central, en horario de 10:00 a 21:00 horas.

A Feira do Disco e do Cine tamén brinda a oportunidade aos seus asistentes de cambiar ou vender o seu material. Así que, xa sabes, se dispós na casa de discos e películas tamén te podes achegar e falar cos responsables dos postos de venda.

Ademais de contar ca Feira do Disco e do Cine, lembrade a nosa campaña Black November, que premia cada día a un cliente con agasallos diarios, sigue en marcha. O Iphone aínda está en xogo! 😋

Un fin de semana máis, agardámosvos a todos en Área Central, vide a rebuscar auténticas xoias musicais e cinematográficas ó noso centro comercial en Santiago!