Saltar ao contido

Área Central

Celebra o Entroido no Outlet Área Central!

  • Eventos

No Outlet Área Central preparámonos para a celebración do Entroido. Disfraces, música, bailes, tradición,… Área Central celebra o Entroido ao grande e conta contigo.

Para iso, temos preparado un programa de actividades moi variado, divertido e participativo, Concurso de disfraces, exposición de Os xenerais da Ulla, baile, festa e animación musical perfilan o programa.

O plan do Entroido arrinca coa exposición fotográfica “Os xenerais da Ulla”. Trátase dunha mostra de fotos que recolle como se vive ese Entroido tradicional en diferentes localidades. Esta mostra promóvea os concellos de A Estrada, Boqueixón, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces. Pódese visitar desde o 2 ao 22 de febreiro.

Concurso de disfraces

O venres 13 de febreiro é o momento de lucir as mellores galas de Entroido. A partir das 19:00 horas, dará comezo o concurso de disfraces. O concurso está aberto a todas as idades. Establécense tres categorías: individual, parella e grupo e hai premios moi interesantes.

Anímaste? Para apuntarte podes facelo de dous xeitos: a través deste enlace ou o mesmo día, na zona do escenario entre as 17.30 e as 18.30 horas. Podes consultar as bases AQUÍ.

Baile de Entroido

Área Central celebra o Carnaval tamén o sábado 14 de febreiro. A partir das 18:00 horas, teremos un baile de Entroido moi especial. Esta actividade está organizada en colaboración con diferentes entidades da cidade e encherá de amor todos os rincóns do teu Outlet de Santiago. O Espazo educativo e de lecer María Miramontes. CSC Fontiñas, Construíndo Barrio, Movemento pola Paz, Centro Don Bosco e a Comisión de festas “15707” están detrás disto. 

Esta actividade está aberta a todas as persoas que desexen pasar unha tarde moi divertida. Ademais, quen o desexe pode participar no pasarrrúas organizado por estas entidades. O pasarrúas comezará ás 17.30 horas no CSC Fontiñas e ten unha temática común. Ao coincidir en 14 de febreiro, os disfraces centraranse no amor en todas as súas facetas. Corazóns, bicos, cupidos… seguro que encherán os corredores de Área Central. Se queres participar no pasarrúas, contacta co Espazo educativo e de lecer María Miramontes.

O punto final deste desfile será o noso escenario ás 18.00 horas, onde vos agardará música, baile e moita festa. Aínda que non participes no pasarrúas, está festa tamén é para ti. Lánzate a vivir o Carnaval en Área Central!

Lembra que podes estar ao tanto de todas as actividades de Área Central na sección Eventos desta mesma web. E se non queres perderte nada de Área Central, síguenos en Instagram e Facebook.