Celebra o Día do Pai coas actividades especiais que temos preparadas en Área Central

Celebra o Día do Pai coas actividades especiais que temos preparadas en Área Central

Celebra o Día do Pai coas actividades especiais que temos preparadas en Área Central

O 19 de marzo celébrase o Día do Pai, o momento do ano para transmitirlles a todos os papás o queridos que son e agradecerlles todo o que fan polos seus fillos. E como non podía ser doutro xeito, en Área Central temos preparadas diferentes promocións e actividades para que celebredes connosco esta data tan especial.  Tomade boa nota!

Merca o teu agasallo nas nosas tendas… e nós regalámosche outro!

Si, como escoitas! Se ves mercar o teu agasallo para papá ao noso centro comercial, por cada 20 euros de compra os días 17, 18 e 19 de marzo, entregarémosche un regalo moi especial: unha maceta con sementes para que pais e fillos poidan compartir xuntos o amor pola natureza. Para conseguila só tes que pasarte pola nosa cabina de información, situada entre a zona azul e a amarela, en horario de 17:00 a 20:00 horas, e presentar o teu ticket de compra. Non te despistes, porque a promoción só estará en funcionamento ata esgotar existencias! Se queres saber máis sobre esta promoción, podes consultar a dinámica aquí.

E por se isto non fora suficiente motivo para escoller mercar en Área Central, lembrámosche que no noso espazo atoparás todo o que imaxinas para facer ese agasallo especial: roupa, zapatos, complementos, tecnoloxía, perfumes, produtos gourmet…e tamén experiencias de ocio moi divertidas para facer en familia! Aquí podes consultar todas as opcións coas que contas en Área Central.

Cóntalle canto o queres nas nosas “árbores dos desexos”

Pero se ademais de con agasallos queres demostrarlle ao teu pai canto o queres dun xeito diferente, en Área Central dámosche unha alternativa ben especial: as nosas árbores dos desexos. Trátase dun espazo que habilitamos na nosa zona vermella, onde poderás plasmar unha frase bonita para o teu pai, e colgala dalgunha das nosas árbores. Así, conseguiremos un espazo cheo de simbolismo, que recollerá todo o agarimo e o agradecemento a todos os papás!

Vide a pasar un rato divertido xunto no noso stand de realidade virtual

E como fin de festa, que mellor que pasar un rato xuntos? Especialmente pensado para pais e fillos apaixonados pola tecnoloxía, pero tamén para os que queiran pasar un rato divertido e diferente; os días 17, 18 e 19 de marzo de 17:00 a 20:00 horas teremos en funcionamento un stand de realidade virtual de acceso totalmente gratuíto. Só tes que pasarte pola esquina verde co teu pai e moitas ganas de pasalo ben!

Gústanvos as nosas propostas? Se é así, non dubidedes: esperámosvos para celebrar xuntos o Día do Pai en Área Central!

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies