Saltar ao contido

Área Central

Casting e gala do certame Royal Spain Senior

  • Eventos

Os próximos sábados 27 de xuño e 4 de xullo terá lugar nas nosas instalacións o casting e a gala do certame Royal Spain Senior 2020 a nivel Galicia. Nel buscaranse homes e mulleres de entre 35 e 45 anos ou entre 46 e 55 anos interesados na moda e a imaxe.

Este certame diferenciase doutros desta tipoloxía por buscar homes e mulleres coa elegancia, o saber estar e a experiencia que dan os anos. Todos aqueles que queiran participar poden facelo contactando coa organización do mesmo no número 629873535. Non é preciso ser profesional para poder participar, así que non teñas medo a vivir esta gran experiencia. 

O evento comezará as sete da tarde do sábado 27 de xuño no noso escenario principal. Nel presentaranse todos os aspirantes con dous modelos de roupa distintos: primeiro de maneira casual con jeans azuis e camiseta branca e despois dunha maneira máis formal. O finalizar esta primeira xornada os aspirantes coñeceran se pasan ou non a gala final.

Dita gala final terá lugar o seguinte sábado, 4 de xullo, a mesma hora e no mesmo sitio. Nesta ocasión ademais do primeiro modelo do casting (jeans e camiseta) terán que vestir outros dous conxuntos: un deles sport urban e outro de festa para os que contarán coa colaboración dalgún dos nosos establecementos.

Despois de que todos os finalistas modelen cos tres conxuntos o xurado decidirá dous gañadores, un home e unha muller, para cada categoría (de 35 a 45 anos e de 46 a 55 anos) que recibirán como agasallo un book profesional coa axencia de modelos Rassim´s. Ademais, tamén recibirán o pase para representar a Galicia na gala do certame a nivel España que é probable que teña lugar na Comunidade Valencia no mes de novembro.

Recorda que para participar tes que chamar o número de teléfono arriba indicado. Agardamos vervos en Área Central durante o certame e a gala, xa sexa como participante ou como espectador do Royal Spain Senior 2020.