Saltar ao contido

Área Central

BASES CONCURSO EXPOSICIÓN DE CABAZAS DE SAMAÍN

  • Eventos

A Comunidade de Propietarios do Centro Comercial Área Central e a empresa Vivo Eventos poñen en marcha este concurso-exposición de cabazas de Samaín.

OBXECTO E MECÁNICA DO CONCURSO:

Este concurso está dirixido a unha ou conxunto de persoas (grupo de amigos, familias,…) que presenten unha cabaza decorada con motivos de Samaín. Cada cabaza equivale a unha participación. A data de recollida de cabazas será dende o luns 24 ao sábado 29 de outubro dende as 11:00 ás 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas no local de Vivo Eventos (esquina amarela, L-16-B), ubicado en Área Central. Non se recollerán cabazas fóra dese horario e día. As cabazas participantes permanecerán expostas nunhas vitrinas ubicadas nos corredores de Área Central dende que se reciban ata o luns 31 de outubro. O xurado, formado por integrantes e colaboradores de Área Central, valorarán as cabazas participantes de acordo ao seu traballo, vistosidade, elaboración, orixinalidade, etc. No momento de entrega das cabazas, cada persoa ou grupo de persoas participantes deberán cubrir unha ficha na que figure o nome, apelidos, DNI e número de teléfono da persoa responsable da cabaza. Na ficha tamén deberán indicar un sobrenome, coa que queiran identificar as cabazas unha vez que estean expostas.

PREMIOS

O concurso establece tres premios (primeiro, segundo e terceiro premio), que serán tres cestas de gominolas con motivos de Samaín, xentileza de Vivo Eventos.

COMUNICACIÓN DO GAÑADOR, COMUNICACIÓN E ENTREGA

O luns 31 de outubro a organización contactará cos tres gañadores para informarlle de que resultaron gañadores e da recollida do premio, que será no establecemento Vivo Eventos.

REQUISITOS PARA PARTICIPAR

Poderán participar neste concurso unha persoa ou un grupo delas. Cada persoa ou grupo de persoas so poderán presentar unha cabaza. Non poderán resultar gañadores deste concurso empregados, comerciantes ou propietarios dos establecementos comerciais que forman parte do Centro Comercial Área Central.

RESERVAS E LIMITACIÓNS

Área Central resérvase o dereito a aprazar ou ampliar o período do concurso, así como a facultade de interpretar as presentes bases legais. Así mesmo, Área Central quedará exenta de toda responsabilidade se concorre algún dos casos sinalados, así como de calquera responsabilidade polos danos e prexuízos que poidan ocasionarse durante o goce do premio.

PROTECCIÓN DE DATOS

Normativa: Regulamento (UE) 2016/679 RGPD. Responsable do tratamento: COMUNIDADE DE PROPIETARIOS DO CENTRO COMERCIAL ÁREA CENTRAL

CIF: H15431273

Enderezo: Edificio Área Central de Fontiñas Sótano 1-Local A4, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña) Teléfono: 981560845

Correo electrónico: marketing@areacentral.es

Finalidade: A xestión dos datos de carácter persoal recabados para a participación no concurso:

CONCURSO Á MELLOR CABAZA DE SAMAÍN

Lexitimación: Consentimento do interesado.

Conservación dos datos: Os datos que vostede nos teña facilitado destruiranse unha vez transcorrido o prazo de seis meses desde a finalización do concurso.

Transferencias Internacionais de datos: Non se realizarán transferencias internacionais de datos.

Dereitos do interesado:

– Acceso: dereito a obter confirmación sobre se estamos tratando datos persoais seus ou non, a saber cales son, para que se usan, canto tempo se van gardar, a orixe dos mesmos e se se comunicaron ou se van comunicar a un terceiro.

– Rectificación: dereito a solicitar a rectificación dos datos inexactos e a que se completen os datos persoais incompletos.

– Supresión: dereito a solicitar a supresión dos datos de carácter persoal cando sexan inadecuados, excesivos ou xa no sexan necesarios para os fins para os que se recolleron, incluído o dereito ó esquecemento.

– Oposición: dereito a opoñerse, en determinadas circunstancias, a que se realice o tratamento dos seus datos persoais ou a solicitar que se cese no tratamento.

– Limitación do tratamento: dereito a solicitar, nas circunstancias establecidas legalmente, que non se traten os seus datos más aló da mera conservación dos mesmos.

– Portabilidade: dereito a recibir os datos de carácter persoal nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica, e poder transmitilos a outro responsable, sempre que sexa tecnicamente posible.

Exercicio dos dereitos: O exercicio de dereitos deberá efectuarse por escrito adxuntando fotocopia do seu documento identificativo, e dirixila á dirección anteriormente citada. Así mesmo, poñemos a súa disposición modelos para o seu exercicio, que poden recollerse nas nosas instalacións.

Para máis información: www.agpd.es

Dereito de reclamación ante a Autoridade de Control: No caso de que non se teñan respectados os seus dereitos pode presentar unha reclamación dirixíndose por escrito á Axencia Española de Protección de Datos sita na rúa Jorge Juan, 6 – 28001-Madrid ou utilizar a sede electrónica: https://sedeagpd.gob.es En ambos casos, deberá acompañar a documentación pertinente.

ACEPTACIÓN DAS BASES

A simple participación no concurso implica a aceptación das presentes bases, polo que a manifestación no sentido de non aceptación da totalidade ou parte das mesmas implicará a exclusión do participante e como consecuencia disto, Área Central quedará liberada do cumprimento da obriga contraída con dito participante.

1 pensamento sobre “BASES CONCURSO EXPOSICIÓN DE CABAZAS DE SAMAÍN”

  1. Pingback: XA ESTÁ AQUÍ O SAMAÍN DE ÁREA CENTRAL! - Área Central

Os comentarios están pechados.