Mañá sábado 17 de outubro volve a Área Central unha das actividades con máis ritmo, un plan perfecto para gozar dun sábado diferente e para aprender a coidarse mentres te divirtes co baile.
Dende as 12 da mañá ata as 13:30, tes unha cita con Vania C.G, coach nutricional, de vida e profesora de baile. A actividade comezará coa charla de benvida e de coaching nutricional e hábitos de vida saudables, seguidamente darase paso a un combo de bailes latinos no que se combinarán pasos libres de salsa, merengue, bachata e cha-cha-chá. Para rematar, ¡poderás demostrar todo o aprendido coa coreografía de Vania, a bailaaaaar!
Beneficios do baile
Se aínda tes dúbidas sobre animarte ou non a participar nesta rítmica clase, lembrámoste os beneficios do baile para unha vida saudable:
- É unha boa maneira de tonificar o teu corpo.
- Mellora a coordinación
- Adelgaza
- Baixa o estrés
- Estimula a memoria
- Aumenta a autoestima
- Estimula o bo humor
Que precisas para participar?
Nestas clases pode participar calquera tipo de persoa con ganas de bailar e de pásalo ben. Non esquezas traer roupa deportiva, máscara, auga ou outra bebida hidratante e unha pequena toalla para secarte á suor.
Como consegues a túa entrada?
Para garantir as normativas de seguridade vixentes sobre aforos e distanciamento social, as prazas son limitadas. Para conseguir a túa entrada tan só tes que mandar un WhatsApp o número 696.498.632. Grazas a nosas amplas intalaciones, durante a actividade poderás terás distancia de 4 metros entre persoas asegurada e boa ventilación.
Desfruta de esta actividade completamente gratuíta o sábado en Área Central.