Bailando con Vania

Bailando con Vania

En Área Central, sabemos que é moi difícil manter sempre uns hábitos de vida saudables, e máis na situación que vivimos nos últimos meses onde a falta de mobilidade e o picoteo constante formaba parte do noso día a día.  Por esta razón, temos o plan perfecto para este sábado 11 de xullo, ¡porque sempre estamos a pensar no mellor para ti, e se é bailando, mellor!

Dende as 12 da mañá ata as 13:30, tes unha cita con Bailando con Vania, unha forma perfecta para manterte saudable dunha maneira moi divertida. A actividade comezará cunha breve charla sobre os beneficios do baile para lograr unha vida saudable da man de Vania C.G, coach nutricional, de vida e profesora de baile. Seguidamente comezaremos coa clase de baile, na que aprenderemos dúas coreografías que farán que exercites o teu corpo e a túa memoria mentres te divirtes.

Beneficios do baile

Se aínda tes dúbidas sobre animarte ou non a participar nesta rítmica clase, lembrámoste os beneficios do baile para unha vida saudable:

  1. É unha boa maneira de tonificar o teu corpo.
  2. Mellora a coordinación
  3. Adelgaza
  4. Baixa o estrés
  5. Estimula a memoria
  6. Aumenta a autoestima
  7. Estimula o bo humor

Que precisas para participar?

Nestas clases pode participar calquera tipo de persoa con ganas de bailar e de pásalo ben. Non esquezas traer roupa deportiva, máscara, auga ou outra bebida hidratante e unha pequena toalla para secarte á suor.

Como consegues a túa entrada?

Para garantir as normativas de seguridade vixentes sobre aforos e distanciamento social, as prazas son moi limitadas. Para conseguir a túa entrada tan só tes que mandar un WhatsApp o número 696.498.632 ou entrar na sección de próximos eventos da páxina web www.BailandoconVania.com.

¡Consegue a túa entrada gratuíta e desfruta dun plan diferente para a mañá do sábado!

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies