Área Central pon en marcha dúas iniciativas solidarias para este nadal

Área Central pon en marcha dúas iniciativas solidarias para este nadal

Xa está de volta a tradicional campaña “Área Solidaria” no noso centro. Esta posta en macha, trátase de dúas accións que pretenden axudar ás persoas que máis o precisan nestas datas tan especiais. E para iso, Área Central inclúe na súa campaña dúas iniciativas: “Área Solidaria” e “O Nadal de Playmobil”, en favor da Cociña Económica de Santiago e do compostelano Albergue Juan XXIII, respectivamente.

Esta campaña xa é unha tradición no noso centro, e é que na baixada ó hipermercado haberá un caixón para que, os clientes que veñades facer as vosas compras ó noso pequeno comercio, poidades colaborar con esta iniciativa. Pois aí poderedes deixar distintos produtos que logo se destinarán á Cociña Económica de Santiago: conservas, aceite, salchichas, aceite, vinagre, froita en almíbar, lentellas, fabas e garavanzos, sal, manteiga e marmelada en monodose. Ou se prefires, produtos de aseo persoal: desodorizantes, cepillos de dentes e colonias.

Ademais disto, “O Nadal de Playmobil”, que forma parte do noso Soño de Nadal, tamén terá un fondo solidario. Pois ben, ó longo deste recorrido, que conta con máis de 10.000 figuras de playmobil, atoparaste cun buzón de donacións voluntario. Unha vez finalizada a exposición e xuntado o recadado, o 14 de xaneiro destinarase de forma íntegra ó Albergue Juan XXIII de Santiago de Compostela e á acción solidaria de Aesclick para a doazón de xoguetes.

 

Xa sabes, este ano colabora cas iniciativas solidarias do noso centro e axuda ás persoas que máis te precisan nestas datas. Aproveita tamén para achegarte ó noso pequeno comercio e así facer as túas compras de nadal mentres aportas o teu gran de area.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies