ÁREA CENTRAL ORGANIZA O CONCURSO “CON MOITO TALENTO”

ÁREA CENTRAL ORGANIZA O CONCURSO “CON MOITO TALENTO”

En Área Central ti tamén tes unha oportunidade! Este mes de novembro comeza a primeira edición do certame “Con moito talento!”. Esta nova iniciativa, posta en marcha dende o noso espazo comercial, ten como obxectivo dar a oportunidade a todas as persoas que consideran que teñen algunha destreza que amosar ao público.

A temática dos participante é totalmente libre, polo que teremos uns candidatos moi variados: persoas do ámbito da música, do baile, do humor, da maxia, do teatro, etc. Por suposto, o concurso contará con participantes de todas as idades e procedentes de diferentes puntos de Galicia. E é que o talento, non ten límites!

Durante os meses de setembro e outubro levouse a cabo unha convocatoria de concursantes para así, neste mes de novembro dar comezo. Será  este sábado día 5 o primeiro día que contaremos con este animado certame, e é que se celebrará a primeira semifinal. Celebrándose a segunda o sábado seguinte, día 12 deste mes. E o broche final será o 19 de novembro, cando de entre tódolos finalistas se escollerán os tres gañadores.

Durante eses tres días, os candidatos subiranse ao escenario de Área Central para amosar o seu talento e o que mellor saben facer. Por suposto, isto non é todo, e é que contaremos con Tania Veiras como presentadora deste certame e ca actuación do mago Nacho Samena. Un luxo para nós!

Animámosvos a todos a achegarvos ó noso espazo a desfrutar de música, baile e das grandes destrezas dos nosos participantes para pasar un bo anaco connosco. Aquí vos esperamos, coma sempre, en Área Central!

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies