Saltar ao contido

Área Central

Área Central e a súa “nova normalidade”

Nova normalidade

Nova normalidade

Coa fin do estado de alarma en Galicia e o inicio da nova normalidade, xa temos unha maior liberdade para desfrutar doutro tipo de actividades, sempre seguindo as recomendacións indicadas polo goberno para protexernos os uns aos outros e evitar posibles rebrotes. Con este cambio, as nosas instalacións xa poden acoller a un maior número de visitantes, tanto nas zonas comúns, coma en cada un dos nosos establecementos abertos ó público (a meirande parte deles). Desta maneira, dende Área Central, dámoslle a benvida á esta “nova normalidade”.

Agora que xa temos todo preparado para a túa chegada, queremos destacarunha das nosas grandes cualidades. A pesar de que moitos pensan que somos un Centro Comercial, Área Central é en realidade unha rúa comercial acristalada. Isto quere dicir que o espazo dispoñible na nosa rúa, é moito maior que o dun centro comercial, o que permite dunha maneira máis sinxela que as distancias de seguridade sexan sempre respectadas. Ademais, se nalgún momento encontras algunha pequena aglomeración, as múltiples saídas ao exterior das que dispoñemos, farán máis sinxelo o poder evitalas. Outro punto a favor para facer as túas compras connosco é que a pesar de ser un espazo moi amplo, podes mercar todo o que precises sen ter que desprazarte moito pola rúa e sobre todo, sen ter que ir ao centro da cidade, onde é máis complicado manter as distancias.

Lembra que se vés a visitarnos, encontrarás en varios puntos do noso centro unha serie de recomendacións para facer as túas compras de maneira segura:

    • Respecta sempre a distancia de seguridade
    • Mantén a máscara posta sobre o nariz e a boca
    • Prioriza o pago rápido con tarxeta ou co móbil
    • Deposita as túas luvas na papeleira despois do seu uso.

Para rematar, se tes calquera dúbida ou se prefires ir a tiro fixo, lembra que sempre podes chamar a calquera dos establecementos que compoñen Área Central. Agardamos verte pronto!