Se es unha persoa fanática dos deportes que requiren destreza mental, nas tardes da semana que vén tes unha cita en Área Central que non te podes perder. Pois ben, a Escola Xadrez Compostela xa está preparándose para o vindeiro curso, realizando, deste xeito, unha transición ao que antes coñeciamos como vida normal.
Para promocionar esta nova tempada, Área Central acollerá dende o luns 23 ata o venres 27 de agosto en horario de 18:00 h. a 20:30 horas certas actividades da man da Escola Xadrez Compostela, e sobre todo, do Maestro Internacional Diego Espiñeira. Este profesional leva máis de 20 anos na disciplina e ao longo dos cales, foi acadando logros ao converterse varias veces en campión galego.
Trátase dunha proposta que marcará as derradeiras tardes de agosto cunha oferta lúdico- educativa diferente. Área Central acollerá a todas as persoas interesadas que queiran achegarse a disputar partidas simultáneas ou a coñecer o clube para anotarse de cara á próxima tempada.
Que che parece este plan para despedir o mes?
O xadrez, un deporte de estímulos
O xadrez consiste nunha actividade apaixonante e que aporta milleiros de beneficios. Entre eles, cómpre salientar a estimulación da capacidade de análise, o fomento da creatividade e da imaxinación, ou o desenvolvemento da memoria, prevendo así certas enfermidades relacionadas ca mesma. Ademais, mellora o estado de ánimo e axuda ás crianzas na toma de decisións e control emocional.
Trátase dun deporte- ciencia, que, igual ca moitos outros, se basea na estratexia. Por iso, a Escola de Xadrez Compostela leva anos desenvolvendo un gran traballo na difusión desta disciplina, que fomenta tantos estímulos.
Se che apaixona esta actividade ou che apetece ver a un mestre coma Diego Espiñeira en acción, non te esquezas pasarte a vindeira semana polo noso centro. Gozarás dunha experiencia única en apoio á pre-tempada da escola.
Convidámoste a pasalo ben na recta final do verán en Área Central!