Saltar ao contido

Área Central

Área Central acolle a final da Liga Xunta de Galicia de Break

  • Eventos

O sábado 19 de outubro Área Central acolle a final da Liga Xunta de Galicia de Break 2024. Será a partir das 17:00 horas ata as 20:30 horas. Todos os participantes irán subindo ao escenario de Área Central neste evento producido pola entidade Vella Escola.

Este circuito de competición leva xa catro edicións. Este ano chega a Santiago de Compostela logo de facer parada en 8 localidades galegas. Nelas participaron preto de 100 deportistas procedentes das catro provincias.

Final 1vs1 e entrega de premios

A final da Liga Xunta de Galicia de Break 2024, que acolle Área Central, será en formato individual 1vs1 e nela desputaranse os primeiros postos do Ranking xeral das tres categorías: avanzada, intermedia e iniciación. Polo tanto, Área Central acolle este acto de peche onde se fará entrega dos premios aos tres primeiros postos de cada categoría. O Breaking debutou como deporte olímpico nos Xogos Olímpicos de París 2024.

Esta derradeira xornada de Liga tamén incluirá a realización dun obradoiro de iniciación ao Breaking aberto ao público. Terá lugar en horario de mañá, de 12:30 a 13:30 horas, no mesmo espazo previsto para a competición. 

A Liga Xunta de Galicia de Break é un programa producido por Vella Escola e que conta co patrocinio da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral para o Deporte e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. 

Pódese consultar o ranking da Liga e toda a información do circuíto na web do evento: www.ligaxuntabreak.org

As actividades que podes desfrutar en Área Central habitualmente complementan perfectamente a nosa oferta comercial. O sábado 19 de outubro poderás visitar os nosos outlets, facer a compra da semana, mercar un agasallo, tomar un café… e ver break. Xa tes o plan feito para o sábado 19 de outubro!