Saltar ao contido

Área Central

Aprobado convenio co Concello de Santiago para desenvolver programas de dinamización comercial

  • Novas

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago, en sesión extraordinaria do 29 de setembro, vén de aprobar un convenio de colaboración con Área Central por valor de 35.000 euros para desenvolver programas de dinamización comercial do barrio de Fontiñas e do conxunto da cidade.

Este convenio xustifícase porque a comunidade de propietarios do Centro Comercial Área Central dispón de espazos de titularidade privada e uso público (Praza de Europa), así como de uso privado, pero abertos a toda a cidadanía, que son apropiados para a realización de actividades de dinamización comercial e de lecer comunitarias. Ademais, Área Central é o epicentro comercial do barrio das Fontiñas, que concentra a práctica totalidade do seu comercio de proximidade.

Área Central é o punto neurálxico de convivencia e dinamización veciñal e comercial do barrio, cun amplo programa de dinamización comercial e convivencia veciñal durante todo a ano.