Saltar ao contido

Área Central

Xincana familiar solidaria de Aldeas Infantiles en Área Central

  • Eventos

Área Central daralle a benvida ao verán o vindeiro venres 30 de xuño cunha actividade familiar con transfondo solidario a favor da delegación galega de Aldeas Infantiles. Trátase dunha xincana familiar solidaria a favor de Aldeas Infantiles e comporase de dez probas moi divertidas.

A cita será na Praza de Europa a partir das 17:30, hora na que dará comezo esta actividade que quere reunir a pais/nais con fillos nesta xornada lúdica e, ao mesmo tempo, solidaria. A xincana estará composta por varias actividades para facer en parella, coma por exemplo: carreira de sacos, tiro da corda, probas con globos, preguntas de cultura xeral, coreografías, etc. Por outro lado, tamén se distinguirán dúas categorías: parellas nas que un integrante debe ter entre 3 a 6 anos e parellas con menores de entre 7 e 12 anos.

Por unha inscrición de 3 euros por persoa, as familias participarán nesta xincana familiar solidaria de Aldeas Infantiles en Área Central a través de diferentes xogos nos que esperamos que o pasen xenial. Ademais, a recadación desta actividade irá íntegramente a Aldeas Infantiles SOS Galicia, unha entidade que traballa en 139 países protexendo os dereitos da infancia. En Galicia axudan xa a máis de 350 rapaces e rapazas e 200 mozos e mozas cada ano.

Para a posta en marcha desta actividade, contamos coa colaboración de La Gramola, Nova Jump e Telepizza. Pois, todos os nenos participantes recibirán un diploma de participación e un obsequio de parte de Telepizza e, os primeiros que se inscriban recibirán a maiores unha hora de salto gratis en Nova Jump.

Bule e anótate no 653 081 654 para pasar unha divertidísima tarde en familia!