Os anuncios de aperturas dados as pasadas semanas xa se están materializando. Hai unha semana chegou ao Outlet Área Central a firma de moda infantil Nanos. E hoxe é o turno de anunciar a apertura da firma El Ganso, tamén no seu formato outlet.
Coa chegada de El Ganso e Nanos, xa podedes ver como imos reforzando a nosa oferta outlet exclusiva e de marcas recoñecidas a nivel nacional. El Ganso únese aos outlets de Bimba y Lola, Purificación García, Scalpers e Nanos como os únicos outlets destas marcas do norte de España.
Este novo establecemento atópase na mesma zona onde se atopan os demais outlets. O seu horario de funcionamento é de luns a sábado, en horario de 10.00 a 21.00 h.
Elegancia clásica cun toque moderno
As características que definen a El Ganso son estilo preppy desenfadado. É dicir, é unha mestura de elegancia clásica cun toque moderno e relaxado. O contraste de cores e prendas duradeiras con acabados coidadosamente traballados son outras das señas de identidade. O seu enfoque é creativo e auténtico para conectar con persoas espontáneas e con personalidade.
En Área Central seguimos traballando para que teñades as mellores firmas á voso alcance. E non descansamos. Pronto chegarán máis novidades ao Outlet Área Central para que a vosa experiencia de compra sexa perfecta. ¡Máxima atención ás nosas noticias porque pronto teremos máis que contar!