Saltar ao contido

Área Central

Área Central conta cun novo outlet: Nanos xa está aberto

  • Eventos

Nesta primavera iredes vendo como vai crecendo a nosa oferta outlet. Unha nova incorporación xa se pode desfrutar. Dende hoxe Área Central conta cun novo outlet. Nanos xa está aberto. A firma de moda infantil acaba de inaugurar o seu establecemento con prendas cheas de estilo e calidade.

Este establecemento entra a formar parte dos comercios exclusivos e diferentes cos que desfrutas en Área Central pois é o único do norte da península. En Nanos Outlet poderás vestir aos pequenos da casa, dende o seu nacemento ata os 14 anos. O seu horario é de luns a sábado, de 10:00 a 21:00 horas.

O outlet de Nanos poderás atopalo na esquina amarela, na zona outlet de Área Central Atópase ao lado dos demais comercios outlet cos que xa contas en Área Central. Ademais, as vindeiras semanas esta oferta irá aumentando. Pronto chegarán os outlets xa anunciados, como El Pulpo, El Ganso ou Silbon.