Saltar ao contido

Área Central

Abre Damta Numaru, restaurante coreano en Área Central

  • Eventos

O Outlet Área Central amplía a súa oferta de restauración. Abre Damta Numaru, o teu restaurante coreano en Área Central. ¿Tes ganas de descubrilo?

En Damta Numaru o cliente poderá degustar as elaboracións máis típicas do país asiático. Un deles será o kimbap, o “sushi coreano”. Así convértese no único local de Santiago que ofece este plato.

Damta Numaru ubícase na esquina vermella da planta primeira de Área Central. Atoparalo aberto de martes a sábado para as comidas e as ceas.

Preparación cuidadosa

Damta Numaru nace coa intención de ofrecer aos seus clientes unha preparación cuidadosa e realizada con moito amor, significado da palabra Damta.

O kimbap é un prato que se fai con moita dedicación. Require moito tempo de preparación xa que hai que cociñar cada ingrediente por separado. O seu aspecto é parecido ao sushi xaponés, pero o sabor é diferente polos ingredientes e pola preparación do arroz.

En Damta Numaru, el kimbap terá a variante picante, a saudable con polo e a que leva porco galbi. Tamén ten as opcións para vexetarianos e para alérxicos ao gluten.

Se desexas coñecer a súa cociña, non é necesario reservar para comer no local. A decoración do local é sinxela co obxectivo de transmitir aos seus clientes comodidade e familiaridade. Este local tamén admite recollida de pedidos no local e servizo de entrega a domicilio.

O Outlet Área Central prosegue o seu camiño de renovación da súa oferta comercial e de restauración con negocios atractivos e diferenciadores. As aperturas no Outlet Área Central continuarán nos vindeiros días coa do ximnasio Dreamfit, o outlet da zapatería Krack e o local de restauración Lola&Lía Brunch&Lunch.