Saltar ao contido

Área Central

A volta ao cole tamén chegou a Área Central

  • Eventos

A volta ao cole non só se limita aos colexios, institutos e garderías, tamén chegou á nosa rúa comercial de Fontiñas!

Se o que precisas é prepararte para a volta ao cole, en Área Central o tes moi sinxelo, xa que na librería Escolma ou en Baba papelería tes todo o imprescindible para comezar con bo pé. Libros de texto, libretas, temperas, rotuladores… O que precises!

Coa chegada de setembro, son moitos establecementos os que volveron a abrir as súas portas para empezar o novo curso. Un dos primeiros establecementos en facelo foi a gardería de Os Pequerrechos, seguindo sempre todos os protocolos sanitarios para que os nosos cativos aprendan de maneira segura.

No ámbito dos idiomas, as nosas academias tamén volveron abrir as súas portas, así que se estás interesado en aprender un novo idioma, A Casa das Linguas e a Academia Erya, estarán encantados de recibirte!

Seguindo coa corrente da aprendizaxe, tamén temos unha nova incorporación que abriu as súas portas fai moi pouquiño, Tratalenca, unha nova maneira de aprender técnicas de aprendizaxe mentres te divirtes!

Se o que queres é desenvolver as túas habilidades artísticas en música e danza, tamén podes facelo coa escola de música e danza Alfaia, ritmo e diversión asegurados!

Pero como non todo vai ser estudar e aprender, tamén temos “a volta ao cole” cos nosos clásicos de lecer e diversión. Se queres pasar unha tarde entretida chea de saltos e emocións, Urban Planet está de volta, contamos todos os detalles aquí!

Ademais, lembra que na Praza Europa temos varias actividades que son un acerto asegurado para os máis peques coma o tobogán xigante ou os karts.

Por último, pero non menos importante, tamén podes pechar a tarde perfecta cunha visita ao escape room máis divertido de Compostela, The Paradox Room!

Non fai falta dicir, que se tes fame despois de tanta diversión, tamén podes merendar ou mesmo cear en calquera dos bares ou restaurantes que as nosas instalacións che ofrecen. A tarde máis entretida e a cuberto nos días de frío espérate en Área Central.