Saltar ao contido

Área Central

A única pista de xeo de Santiago de Compostela está en Área Central!

  • Eventos

Desde o venres 11 de decembro a nosa tradicional pista de xeo natural está en funcionamento e lista para que goces dela. Por suposto, contará con todas as medidas de hixiene, protección e limitación de aforo para garantir aos usuarios un momento de lecer divertido, seguro e libre de Covid.

A pista de xeo, que este 2020 foi posta en marcha coa colaboración do Concello de Santiago, estará aberta ata o vindeiro mes de xaneiro cun horario de luns a xoves de 16:45 a 21:30 horas, e ata as 22:15 horas a noite dos venres. Os sábados e domingos, e tódolos días durante o período de vacacións escolares, o funcionamento será ininterrompido de 11 da mañá a 11 da noite, aínda que os días de Noiteboa e Fin de Ano (24 e 31 de decembro) a pista pechará ás seis da tarde.

En canto as tarifas, a entrada xeral será de 7,50€ incluíndo os patíns por cada sesión de 30 minutos, aínda que haberá un desconto especial dun euro por persoa para familias de máis de tres membros que acudan xuntos a patinar.

Ademais, como novidade, este ano tamén conta con bicicletas para ir sobre o xeo. A diversión está asegurada!

Máis aló da estrea da pista de xeo, tamén poderás desfrutar das outras actividades que temos preparadas no noso programa de Nadal e que podes consultar aquí. Así que non o dubides, a mellor tarde de compras de Nadal mesturada co mellor lecer tela en Área Central.