A “Tattoo Expo Santiago” chega esta fin de semana a Área Central

A “Tattoo Expo Santiago” chega esta fin de semana a Área Central

Esta fin de semana teremos a Tattoo Expo Santiago en Área Central! Dende este venres 10 ata o domingo 12 poderás vivir unha experiencia chea de tinta, maquillaxe, música, graffitis,…. Será a festa da tatuaxe de Galicia e un punto de encontro de moitos artistas.

Nesta primeira edición, Área Central reunirá a preto de 25 estudios de tatuaxe procedentes de varios puntos de Galicia y do resto de España (Comunidade Valenciana, Asturias, Castela e León, Andalucía, …) así como de Portugal; o que se traduce en máis de 60 tatuadores, que amosarán a súa técnica durante estas tres xornadas.

A feira propiamente dita situarase na esquina amarela de Área Central, se ben haberá outras actividades complementarias repartidas polos corredores e a Praza de Europa.

Venres 10

De 10.00 a 20.00 h.: Local entre Área Informática e Beehive: exposición de arte: Chuvia Carmesí, Moira, Manuel Balsas e Nerea Gundín, entre outros artistas, expoñen as súas pezas de arte.

12.30 h.: Escenario da Praza de Europa: Sesión vermut: Guillermo Viscoso.

18.00 h.: Fronte a Área Informática: Exhibición maquillaxe e caracterización. Claudia Permuy, Andrea Riva, Sofía Svensson, Paola Enjo.

20.00 h.: Escenario da Praza de Europa: Concurso tattoos

Sábado 11

De 10.00 a 20.00 h.: Local entre Área Informática e Beehive: exposición de arte: Chuvia Carmesí, Moira, Manuel Balsas e Nerea Gundín, entre outros artistas, expoñen as súas pezas de arte.

11.00 h.: Fronte a Área Informática: Exhibición maquillaxe e caracterización. Claudia Permuy, Andrea Riva, Sofía Svensson, Paola Enjo.

12.30 h.: Escenario da Praza de Europa: Sesión vermut: @alesito_lh

16.00 h.: Escenario da Praza de Europa: Sesión DJ: @xo.el.ariez

16.00 h.: Praza de Europa: Exhibición de grafiti

18.00 h.: Praza de Europa: Moto stunt: Pichu Stunt e Óscar Valles

20.00 h.: Escenario da Praza de Europa: Concurso tattoos

Domingo 12

De 12.00 a 20.00 h.: Local entre Área Informática e Beehive: exposición de arte: Chuvia Carmesí, Moira, Manuel Balsas e Nerea Gundín, entre outros artistas, expoñen as súas pezas de arte.

16.00 h.: Escenario da Praza de Europa: Sesión DJ: DJ Juan Reich

16.00 h.: Praza de Europa: Exhibición de grafiti

18.00 h.: Praza de Europa: Show de Freestyle Rap Solo Lugo

20.00 h.: Escenario da Praza de Europa: Concurso tattoos

 

Que máis precisas saber para achegarte? Arte, música e moita diversión estará asegurada en Área Central. Non te esquezas que comezamos este venres con moitas actividades. Unha fin de semana máis, contamos contigo en Área Central!

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies