Saltar ao contido

Área Central

A pista de xeo volve a Área Central

Quen dixo que patinar era cousa exclusiva do Nadal? Sabemos que moitos de vós quedastes con ganas de gozar da pista de xeo, que tivemos que pechar anticipadamente polas restricións sanitarias que entraron en vigor en xaneiro. Por iso temos unha boa nova que anunciar, e que se suma a reapertura dos Concellos, as terrazas e o interior da hostalaría en Área Central que tivo lugar fai uns días: desde o venres 5 de marzo a nosa pista está operativa de novo!

Se estás interesado en vir patinar, o procedemento será similar ao de xaneiro: o horario de apertura será de luns a venres de 16:45 a 21:30 horas, e os sábados, domingos e festivos de 11 a 21:30h. A entrada xeral terá un custo de 7,50€ por 30 minutos na pista, incluíndo o aluguer dos patíns.

Por suposto, tamén teremos prezos especiais para os diferentes colectivos quen os visitan: se tes carné de estudante a entrada sairache por 6,50€ de luns a xoves, e se ves cun amigo a entrada dobre terá un custe súper reducido de 12€ para ambos. As familias tamén terán a súa propia oferta, e se veñen patinar cun mínimo de 3 membros o boleto costará só 6,50€ por persoa.

Ademais, sabemos que moitos de vós aínda tedes sen utilizar os vales dun 50% de desconto que regalabamos durante a campaña de Nadal por mercar no noso pequeno comercio. De ser este o teu caso, agora poderás seguir utilizando os teus descontos sempre e cando os boletos teñan o ticket grapado xustificando a túa compra.

Así que xa sabedes, se queredes desfrutar dunha alternativa de ocio divertida e segura para toda a familia,  en Área Central esperámosvos coa nosa pista de xeo e unha gran oferta de comercio e hostalaría  para que pasedes un bo rato e fagades as vosas compras!