A Liga Xunta de Galicia de Break celebrará o seu evento final este sábado en Área Central. O noso centro comercial en Santiago será o punto de encontro para todos os profesionais que se xuntarán neste evento, marcando o peche do éxito da terceira edición.
Uns 50 participantes competirán este sábado en Área Central
Despois de recorrer 10 localidades galegas e de contar ca participación de máis dun centenar de bailaríns de toda Galicia nas súas diferentes edicións, este sábado, en horario de 17:00 a 21:00 horas, desfrutaremos do evento final da terceira edición da Liga Xunta de Galicia de Break en Área Central!
A competición, que consta de tres categorías (iniciación, intermedio e avanzado) e dous formatos de competición (individual e parella), contará este sábado cuns cincuenta participantes no escenario instalado na esquina verde de Área Central. A Liga Xunta de Galicia de Break demostrou ser un éxito, atraendo a un gran número de xoves talentos do breaking de toda a comunidade entre os que destacan dous actuais campións de España, David Amor (Neda) e Alicia Babarro (Ourense).
Os participantes desta edición demostraron un incrible nivel durante as xornadas anteriores e espérase que o evento final que se celebra este sábado en Área Central sexa o máis emocionante ata a fecha, xa que dará a coñecer o top 3 do ranking galego en cada unha das categorías.
Máis que unha competición
En cada evento da Liga Xunta de Galicia de Break, organízanse talleres formativos dirixidos ó público xove, promovendo o crecemento desta disciplina de proxección olímpica en Galicia e funcionando coma unha plataforma de encontro habitual para os breakers galegos.
Este fin de semana, agardámosvos a todos en Área Central! Ademais, lembra que temos activa a nosa campaña especial de Black November, onde poderedes gañar moitos premios polas vosas compras nos nosos establecementos. Aproveita!