Saltar ao contido

Área Central

A Feira do Disco e do Cine de Santiago chega a Área Central

  • Eventos
A Feira do Disco e do Cine de Santiago chega a Área Central

Para os que xa estades pensando nos plans de despois da Semana Santa, hoxe traémosvos unha nova: a Feira do Disco e do Cine de Santiago chega a Área Central. Aínda non sabes de que vai? Pois non tes de que preocuparte, contámosche todo neste post. Imos alá!

En abril non faltan os eventos

En Área Central non paramos, e é que despois dunha semana de festivos, nós xa estamos traballando na nosa Feira do Disco e do Cine, unha cita que regresa a Área Central cargado de títulos de música e cine de todos os tempos e en todos os formatos. Dende o xoves 21 ata o sábado 23 de abril, na esquina amarela, poderás desfrutar da nosa Feira do Disco e do Cine, de 10:00 a 21:00 horas. Non tes escusa para non vir!

Esta feira é máis que unha oportunidade de mercar material discográfico e cinematográfico. Pois trátase dunha feira de coleccionismo onde os apaixonados pola música e polo cine poderán atopar materiais que xa non están nos seus sitios de compra habitual.

No que respecta ó apartado musical, na feira poderás atoparte, por exemplo, con vinilos que, a día de hoxe aínda non están editados en CD. E por suposto, non faltarán os distintos estilos musicais: dende a salsa ou a música clásica ata o heavy.

O mesmo ocorre co apartado cinematográfico, onde os coleccionistas e afeccionados poden facerse con materiais exclusivos dos seus actores e actrices, directores e directoras ou filmes preferidos. Ademais, tamén haberá pósters, camisetas e merchandising, polo que se es un verdadeiro fan dalgunha película, non podes perderte a nosa Feira do Disco e do Cine.

E se vas vir a esta feira, tamén podes aproveitar para cambiar ou vender o teu material, pois se traes discos ou películas que xa non utilices poderás vendelos ou trocalos por outros diferentes que sexan máis do teu agrado.

Xa sabes, esperámoste en Área Central nesta fin de semana chea de bo cine e boa música. Agardámoste!