Un dos eventos máis esperados regresa ao Outlet Área Central o próximo mes de marzo. A Feira de minerais de Santiago chega a súa cita anual os próximos días 6, 7, 8 e 9 de marzo.
Xa o podes marcar en vermello na túa axenda. A Feira de minerais de Santiago, un dos eventos máis importantes de Área Central, volve en marzo. Será xa a súa undécima edición e reafírmase como a feira máis grande de España e Portugal.
Durante catro días, de xoves 6 a domingo 9 de marzo, a feira estará operativa de 10:00 a 21:00 horas. A esquina vermella de Área Central encherase dunha trintena de expositores. Serán máis de 150 de feira comercial. Haberá unha amplia variedade de minerais, fósiles e pezas de xoiería procedentes de diferentes puntos do mundo.
Ámbar, amatistas, azabache, cuarzo, entre os minerais; elementos de xoiería, meteoritas e fósiles poderasense admirar na 11ª Feria de minerais de Santiago. Un ano máis, os centos de interesados que acuden poderán adquirir algunha das variadas pezas que se poderán admirar.
Actividades complementarias
Este evento é moito máis que unha feira comercial. Están programadas varias visitas escolares para asistir aos obradoiros complementarios, realizados en colaboración co Concello de Santiago. Estes vanse realizar na mañá do xoves 6 e venres 7.
Como novidade desta edición, Áridos do Mendo impartirá un obradoiro. Trátase da única empresa que se adica á extracción de ouro en Galicia.
O Grupo Mineralóxico Galego impartirá talleres de mineraloxía, de fósiles e de bateo de ouro.
A Escola de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo tamén participará na Feira de minerais. Encargarase de impartir talleres sobre cómo identificar os minerais.
Ademais, o sábado 8 haberá una mesa de intercambio de minerais aberta a calquera particular que queira participar. E durante os catro días haberá material divulgativo e mostras de minerais procedentes do Museo de Historia Natural de Santiago, do Museo de minerais de Galicia e do Xeoparque del Courel.