A flor da camelia e o concello de Vedra protagonizan unha nova proposta lúdica no Outlet Área Central. Do 7 ao 16 de febreiro, Área Central contará coa actividade “Son camelias… son Vedra!, formada por unha variedade de accións que porán en valor esta flor e todos os usos que se pode facer dela.
A flor da camelia é a flor do inverno en Galicia. A súa elegancia e beleza protagonizan moitos eventos nesta época do ano. E o Oultet Área Central non poida faltar na homenaxe a esta flor e a todas as súas cualidades.
Feira de artesanía, mostras e obradoiros infantís
O programa de actividades inclúe opcións para todos os gustos. A continuación, facemos un resumo del:
Do 7 ao 16 de febreiro:
Exposición fotográfica: As camelias de Vedra a través da lente”.
Exposición: “Os Bolechas van a Vedra”.
Venres 7:
19:00 h.: Inauguración: Asistencia do alcalde de Vedra, Carlos Martínez Carrillo. Actuación do quinteto de metais da Escola de Música de Santa Cruz de Ribadulla.
Sábado 8:
18:00 h.: Degustación de té de camelia e mostra de cosmética natural de camelia.
18:00 h.: Obradoiro infantil e familiar “Pintando e plantando camelias”. Prazas limitadas.
Sábado 15:
De 11:00 a 21:00 h.: Feira de artesanía da camelia: plantas, cosmética, téxtil.
Para poñer en marcha esta actividade, Área Central conta coa colaboración do concello de Vedra e da Asociación de amigos da Camelia do Val do Ulla.
O mellor plan telo sempre en Área Central. Outlets exclusivos das marcas máis recoñecibles, variedade de comercios, oferta de restauración e ocio fantástico e un axenda de eventos intensa e variada protagonizan o Outlet Área Central.
Queres estar ao tanto de todas as actividades previstas en Área Central nos vindeiros meses? O Outlet Área Central quere seguir sorprendéndovos coa súa proposta renovada de eventos. Pincha aquí para ter toda a información.