Saltar ao contido

Área Central

6ª FEIRA DE MINERAIS DE SANTIAGO

Área Central acollerá do xoves 5 ao domingo 8 de marzo a sexta edición da Feira de Minerais de Santiago, unha ocasión para gozar de máis de 130 metros de feira con máis de 30 expositores de varias partes de Europa con minerais, xemas e fósiles de lugares tan diferentes como Galicia ou Portugal, Paquistán e Namibia. A feira tamén se completa con talleres de bateo de ouro, identificación de minerais, fósiles e xemoloxía; un stand de libros temáticos e charlas de especialistas na materia.

Xa consolidada como a maior feira de minerais de Galicia e Portugal e a terceira máis grande de España, o seu horario os catro días será de 10.00 a 21.00 horas.

RESUMO DE ACTIVIDADES da VI FEIRA de MINERAIS

(O xoves e o venres pola mañá as actividades estarán dirixidas aos centros escolares)

Xoves 5

• 10:15 e 19:00: Charla de Chema Caballero – Minerais en conflito

• Obradoiro de bateo de ouro a cargo do profesor de xeoloxía da Universidade de Salamanca, Santos Barrios

• Obradoiro de identificación de minerais a cargo da Escola de Minas e Enerxía de Vigo e o xeólogo Fran Canosa

Ás 18:00 h.: Obradoiro de identificación de minerais con Fran Canosa.

• Obradoiro de fósiles e xemoloxía a cargo do grupo UDCiencia da Universidade da Coruña.

Venres 6

• 10:15 horas e 19:00 horas: Charla de Kike Gómez – Un pastel envelenado en Nixeria. A destrución do ecosistema do Delta do Níxer

• Talleres de bateo de ouro a cargo do profesor de xeoloxía da Universidade de Salamanca, Santos Barrios

• Obradoiro de identificación de minerais a cargo da Escola de Minas e Enerxía de Vigo e o xeólogo Fran Canosa

Ás 17:00 e ás 18:00 h.: Obradoiro de identificación de minerais con Fran Canosa.

• Obradoiro de fósiles e xemoloxía a cargo do grupo UDCiencia da Universidade da Coruña.

Sábado 7

• Ás 12:00 h., ás 16:30 h. e ás 19:00 h.:Obradoiro de identificación de minerais do xeólogo Fran Canosa

• Mesa de intercambio de minerais

Domingo 8

• Ás 12:00 h., ás 16:30 h. e ás 19:00 h.:Obradoiro de identificación de minerais do xeólogo Fran Canosa