A finais do mes de outubro cumprimos 29 anos e queremos celebralo cunha programación con múltiples actividades dirixidas ao público familiar. No programa, podemos destacar actividades coma: contacontos, música, maxia, premios polas compras e unha gran festa o sábado 22 de outubro, entre outras sorpresas.
A celebración arrinca oficialmente este sábado 1 de outubro e centrarase nos venres e sábados, con un sinfín de plans para que as familias de Santiago e comarca gocen de diferentes e divertidas alternativas pensadas para elas.
De esta forma, o programa do 29º aniversario de Área Centrla porá en marcha as seguintes actividades: actuación da Real Filharmonía de Galicia, sesión de contacontos con Vero Rilo e Bandullo Azul, actuación de Pakolas, os trucos do mago Rafa, zoa solidaria para recadar fondos para a investigación do cancro de mama, inchables todos os venres, servizo de ludoteca, promocións para premiar as compras no pequeno comercio de Área Central e, para concluír, unha xornada festiva con trinta actividades gratuítas.