Un ano máis, rematan as celebracións de Nadal, pero a diversión na nosa pista de xeo aínda segue uns días máis. Ata o 31 de xaneiro podes aproveitar a única pista de xeo natural da cidade, instalada coa colaboración do Concello de Santiago. Se aínda non tiveches ocasión de vir patinar con nós, aproveita estes últimos días para facelo. Se xa o fixeches, non perdas a ocasión de repetir a experiencia.
Coas medidas pertinentes de limitación de aforo, hixiene e protección, a nosa pista de xeo trátase dun espazo de ocio no que disfrutar con familia e amigos, sen preocupacións.
Podes visitar a nosa pista de xeo todos os días da semana: de luns a xoves, de 16:45 a 21:30 h.; os venres ata as 22:15 h. e os sábados e domingos en horario ininterrumpido de 11:00 a 23:00 horas. As tarifas son de 7’50 € por sesión de 30 minutos, patíns incluidos. Cun desconto de 1 € por persoa para familias de máis de 3 membros que acudan a patinar xuntos. Tamén podes probar as nosas bicicletas para andar sobre xeo, a novidade que se implementou este ano. A diversión está máis que asegurada!
Lembra ademais que en Área Central as compras e o ocio van unidos xa que por mercar no pequeno comercio de Área Central correspóndeche recibir un desconto do 50% para a túa entrada á pista de xeo, promoción posta en marcha coa colaboración da Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia.
Agardámoste en Área Central, onde ademáis tamén poderás disfrutar dos grandes descontos das nosas rebaixas de inverno, con grande variedade de locais onde atopar todo o que precises.
Pingback: A pista de xeo volve a Área Central - Área Central
Os comentarios están pechados.