Zona Comercial


PANORAMICAArea Central é un gran complexo multiusos cívico comercial situado en Santiago de Compostela, composto dun único edificio que, ademais de contar con máis de 100 establecementos comerciais, está integrado por máis de 70 oficinas, un hotel, 656 vivendas e un parking de 800 prazas. A superficie comercial de Area Central acada os 30.000 metros cadrados de SBA, sen ter en conta os preto de 14.000 metros cadrados de corredores e rúas cubertas, asi como unha gran praza central de 10.000 metros cadrados máis.

Construido en 1993, na actualidade segue a ser un dos complexos de referencia na realidade comercial galega e un dos pioneiros no estado español na modalidade de centros comerciais integrados nos que vivendas, servizos, ocio, oficinas e comercios conviven como un todo harmónico. Area Central está estructurada en dúas plantas e un semisoto. Conta con dúas rúas comerciais de planta cadrada de 658 metros de longo cada unha, cubertas por unha bóveda acristalada situada a vinte metros de altura.  Máis de 70 oficinas atopanse estructuradas en cinco bloques enlazados ás vivendas e aos locais comerciais cunha superficie total de 15.000 metros cadrados.DSC04276

As rúas comerciais de Area Central albergan tendas de moda, outlets, xoierías, tendas de decoración e complementos, franquicias nacionais e multinacionais, quioscos, librerías, parques de ocio infantil, centros de perruquería e beleza, perfumerías, unha parafarmacia, clínicas dentais e unha veterinaria, sala de xogos, establecementos de hostalería e restauración, e negocios de alimentación, como carnicerías e conxelados. Esta ampla oferta complétase cun hipermercado e unha entidade bancaria.

Esta pluralidade de ofertas e actividades fai que en Area Central se concentren todo tipo de clientes e visitantes que acuden ao complexo comercial por moi diferentes motivos, acadando unha media diaria de 15.000 visitas. A súa peculiaridade fai que Area Central sexa un ente dotado de vida practicamente durante as 24 horas do día durante todo o ano, converténdose nunha referencia inevitable da Compostela máis dinámica e moderna.

PLANOS DE AREA CENTRAL

    PLANTA BAIXA                                    PLANTA PRIMEIRA

 planta baixa (2)-1 copia    planta primeira-1

Uso de cookies

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario.Se continúa coa navegación está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. Clique no enlace para maior información. ACEPTAR