Volve a maxia do Nadal a Area Central cun amplo programa de actividades

Posted By on Dic 2, 2016 | 2 comments


Area Central ofrece na súa campaña de Nadal unha gran variedade de actividades e espectáculos, que se desenvolverán durante todo o mes de decembro e ata os primeiros días de xaneiro. Esta actividades quecartel 100x70 cm navidad 02ren convidar a todas as personas a que gocen do Nadal de Area Central e que sexan un complemento perfecto para a  oferta comercial do centro, ó que se suma a gratuidade dunha hora gratis no aparcamento por compra superior a quince euros. Para facilitar as compras, os establecementos comerciais de Area Central tamén abrirán os domingos 4, 11 e 18; ademais do xoves 8.

Programación completa do Nadal de Area Central 2016-17:

  • Venres 2, ás 17.30 horas nos corredores e exteriores de Area Central: Acendido da iluminación e da decoración de Nadal. Area Central recibe o Nadal enchendo de luz os seus pasillos e a súa fachada.
  • Sábado 3, ás 18.00 horas na es quina verde: Sábados Creativos: Sesión de contacontos con obradoiro temático.
  • Domingo 4, 18.00 horas na esquina vermella: ¡A bailar no Nadal! Divertido espectáculo con xogos, cancións cantadas en directo, maxia, concurso de baile con premios, batalla de globos xigantes,…
  • Domingo 4, luns 5, do mércores 7 ó domingo 11, de 17.30 a 20.30 horas, alternando esquina azul e vermella: Espazo de xogoteca e xogos xigantes. Zona de xogos para pequenos e maiores: ludoteca infantil e xogos en tamaño XXL.
  • Do sábado 10 ó venres 23, de 18.00 a 20.30 horas: Visita de Papá Noel: Animador caracterizado de Papá Noel que encherá de ledicia aos máis pequenos.2016 12 sabados creativos
  • Sábado 10, ás 18.00 horas na esquina verde: Sábados Creativos: Especial Cociñ-Arte! Elaboración de bonecos de neve e galletas-reno para unha tarde deliciosa.
  • Do luns 12 ó xoves 5: Area Solidaria: Campaña solidaria de captación de produtos a favor da Cociña Económica de Santiago.
  • Do venres 16 ó xoves 5 (excepto 25 dec. e 1 xan.) de 17.30 a 20.30 horas (agás sábado 24 e sábado 31, de 17.00 a 19.00 horas): Espazo de bloques de construcción: Zona creativa-educativa no que os rapaces crearán elementos de diferentes formas.
  • Sábado 17 e domingo 18, de 11.00 a 21.00 horas, esquina vermella: Rastro de antigüidades: Feira que se celebra mensualmente na que se dan cita centenares de obxectos de coleccionismo e curiosidades varias.
  • Sábado 17, de 13.00 a 20.00 horas: Area en Danza con Alfaia-Foliada de Nadal, esquina verde: Área Central vístese de danza para dar a benvida ó Nadal. Sesión DJ, clases abertas de Lindy Hop, mostras de danza…
  • Sábado 17, 18.00 horas: Sábados Creativos: esquina vermella: Especial monicreques! Elaboración das personaxes máis divertidas do Nadal. Trae esa luva e calcetín sen parella e convertiranse nas protagonistas destas festas.
  • Venres 23, de 11.00 a 22.00 horas: V Santiago Street Battles 2016 – III Campeonato Open España de Breakdance e I Campeonato Gallego de Beatbox (Open España). Outras actividades: Exhibición profesional de Graffiti, Zona Parkour Park e Obradoiros de iniciación ó Breakdance, Beatbox, Graffiti e Parkour. Máis info en www.vellaescola.com/ssb/
  • Do luns 26 ó venres 30 e do luns 2 ó domingo 8: Pista de squash inchable. Montaxe para espertar nos rapaces o interese por xogar ó squash. Presencia de importantes xogadores de squash galegos.
  • Do luns 2 ó xoves 5, de 18.00 a 20.00 horas: Visita do Carteiro Real. Os rapaces entregarán ó Carteiro Real as súas cartas dirixidas ós Reis Magos.
  • Martes 3 e mércores 4, de 11.00 a 21.00 horas, esquina vermella: Rastro de antigüidades especial Reis: Cita que se celebra excepcionalmente nos días previos ó Día de Reis.

Podes informarte das actividades  de Area Central no noso calendario de eventos, no que dun xeito máis visual podes ver o planning de actividades. Tamén podes estar á última sobre as noticias de Area Central no noso Facebook e no noso Twitter.

2 comentarios

  1. ESTE ANO FALTA O SORTEO DAS CESTAS DE NADAL,QUE PENA

    Post a Reply
    • Ola, sí, este ano decidimos variar a programación e facer outro tipo de actividades, ademais de ter unha decoración nova. Temos varias accións diferentes pensadas para as familias. Saúdos.

      Post a Reply

Envía un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario.Se continúa coa navegación está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. Clique no enlace para maior información. ACEPTAR