Unha hora gratis de parking para os clientes de Area Central

Posted By on Oct 28, 2016 | 0 comments


 

A partir do 2 de novembro, os establecementos comerciais de Area Central premiarán ós seus clientes cunha hora gratis de parking por compra realizada superior a quince euros. Esta noticia tan importante, tanto para os clientes como para Area Central, cubre en parte unha das carencias históricas do centro comercial e pola que tanto se solicitaba atopar unha solución.

O conxunto de Area Central atópase moi satisfeito tras ter chegado a este acordo coa empresa propietaria do parking, Empark, despois de varios meses de xestións e negociacións. Coa gratuidade dunha hora por estancia no aparcamento, Area Central quere premiar á clicartel-parking-gratuito-06-galentela que se despraza en coche para realizar as súas compras dende diferentes zonas da cidade e comarca.

Un dos puntos máis importantes desta medida é que os clientes de Area Central poderanse beneficiar dela por realizar esta compra mínima en CALQUERA DOS ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS que conforman Area Central: hipermercado, locais de moda, zapaterías, perruquerías, etc.

Para poder beneficiarse deste desconto, o cliente de Area Central, unha vez realizado un gasto mínimo de quince euros, deberá demostrarlle ó comerciante que ten nese momento o coche estacionado no parking. Para iso, deberá ensinarlle o ticket que o parking lle da a cada usuario unha vez accede ó espazo. Tras esta comprobación, o cliente recibirá en mans do comerciante o vale-desconto que deberá empregar no momento que queira abandonar o centro comercial e saír do aparcamento co seu vehículo.

Consulte aquí as normas de funcionamento para os clientes.

Envía un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario.Se continúa coa navegación está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. Clique no enlace para maior información. ACEPTAR