Terceira edición da Feira de Minerais de Area Central dende o xoves 2 ó domingo 5 de marzo

Posted By on Feb 24, 2017 | 0 comments


Area Central acolle dende o xoves 2 ó domingo 5 de marzo a súa terceira edición da Feira de Minerais, convertida xa na feira máis grande de Galicia e Portugal sobre esta temática. Nesta ocasión, os organizadores quixeron darlle unha mención especial ó wolframio de Galicia, pola súa utilización na industria armamentística na primera metade do século XX.

A feira componse dunha ampla feira comercial composta por preto de trinta expositores de diferentes puntos de Europa; ademais de diferentes exposicións, un stand de venda de libros temáticos e de actividades diarias como charlas, proxeccións de documentais, etc. Esta feira conta cun gran carácter didáctico, polo que está prevista a asistencia a Area Central de varios centros educativos de Galicia.

Para levar a cabo a feira, a organización contou coa importante implicación de diferentes entidades  (Concellos, museos, Universidades, etc.); así como particulares especialistas na materia que, todos xuntos, aportan diferentes materiais (mostras, documentais, obradoiros, etc.) que enriquecen esta terceira edición.

Para coñecer máis en detalle o programa da 3ª Feira de Minerais, pinche nas imaxes:

Podes informarte das actividades  de Area Central no noso calendario de eventos, no que dun xeito máis visual podes ver o planning de actividades. Tamén podes estar á última sobre as noticias de Area Central no noso Facebook e no noso Twitter.

Envía un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario.Se continúa coa navegación está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. Clique no enlace para maior información. ACEPTAR