Salón do Automóbil, os días 11 e 12 de febreiro en Area Central

Posted By on Ene 24, 2017 | 0 comments


Area Central acollerá o sábado 11 e domingo 12 de febreiro o seu “Salón do automóbil”, dúas xornadas nas que as firmas máis importantes do sector encherán os corredores de Area Central con coches novos de todas as gamas e nos que os concesionarios participantes ofrecerán descontos especiais para as personas que queiran cambiar de coche.

Utilitarios, berlinas, familiares, todocamiños, coches comerciais,…; os últimos modelos de todas as clases de coches a estrear estarán presentes en Area Central eses dous días para ofrecer ós asistentes velos e coñecer as súas prestacións da man dos comerciais de cada casa, que estarán a súa total disposición para darlles toda a información e comentarlles os descontos dos que se poden beneficiar por mercar o coche neste “Salón do Automóbil”.

 

Paralelamente a este salón, a Praza de Europa (a praza interior) de Area Central acollerá os dous días unha concentración de coches na que terán cabida todas as marcas automobilísticas. Esta concentración servirá de punto de encontro entre los afeccionados ó mundo do motor. A participación é totalmente libre e de balde. Os que queiran participar na concentración, deberán acceder á praza interior de Area Central desde a Rúa París, en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas.

Podes informarte das actividades  de Area Central no noso calendario de eventos, no que dun xeito máis visual podes ver o planning de actividades. Tamén podes estar á última sobre as noticias de Area Central no noso Facebook e no noso Twitter.

 

 

Envía un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario.Se continúa coa navegación está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. Clique no enlace para maior información. ACEPTAR