Servizos a empresas

Posted on Ago 18, 2013 |


Servizos a empresas

Area Central pon a disposición dos seus clientes unha das gamas máis completas de ofertas e servizos que pode ofrecer un centro comercial empresarial e de negocios. Todo para consolidar a Area Central como o lugar axeitado de traballo e estancia para calquera persoa.

Se é dos que se achegan no seu propio coche, xa pode gozar do seu fácil acceso dende o periférico da cidade á Avenida de Gonzalo Torrente Ballester, só a dez minutos do centro da cidade. E aínda máis preto están as saídas da AP-9 (Autopista do Atlántico). E se non se quere mollar co clima característico de Galicia, non terá ningún problema: pode estacionar o seu coche no aparcadoiro subterráneo.

Con todo, se é dos que usa o transporte público, tamén vai atopar facilidades para chegar: a liña de autobus C-11 (circular Fontiñas) comunica o centro da cidade con Area Central.

Ademais, no exterior do recinto comercial empresarial e de negocios, tamén atopará unha parada de taxi na entrada principal do edificio (Rúa Berlín).

Unha vez dentro do recinto, pode gozar dunha ampla selección de servizos que o avala as máis de 100 tendas, un hipermercado, instalacións para minusválidos, bares e restaurantes, acceso á rede Wi-Fi, teléfonos públicos, unha gardería para que o seu fillo estea en boas mans mentres traballa, caixa de correos, sala de lactancia, salas de reunións e conferencias gratuítas para os empresarios que pertenzan ó recinto, formación e networking, limpeza e un equipo de seguridade 24h.

Area Central está preparado para ofrecer todas as facilidades e comodidades, sen ter que perder o tempo nin costes de desprazamento.

Area Central é un centro comercial, empresarial e de entretemento que ten todo o que precisa no seu día a día.

Uso de cookies

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario.Se continúa coa navegación está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. Clique no enlace para maior información. ACEPTAR