Programa de formación

Posted on Ago 17, 2013 |


Programa de formación

logo uno copia

UNO Prometeus saca o curso de emprendemento e innovación  para empresarios e comerciantes en Area Central:

Os talleres de mercadotecnia engloban diferentes cursos formativos e prácticos que se realizarán ao longo de diferentes sesións durante todo o ano.

Impartiranse coñecementos e faranse exercicios prácticos sobre as últimas técnicas da mercadotecnia destacando a importancia da análise, a experiencia, a formación, a planificación e os recursos propios, é dicir, todos os aspectos esenciais a ter en conta que inflúen no bo funcionamento empresarial da mercadotecnia.

Os talleres formativos:

1.    Introdución á mercadotecnia

Comprender os principios, fundamentos e conceptos da mercadotecnia.

2.    Plan estratéxico de mercadotecnia

A importancia de atopar o lugar no mercado, definición de obxectivos e o desenvolvemento do programa de accións.

3.    A orixe da creatividade e a innovación

Comprender os procesos que rexen o pensamento lateral ou creativo e como aplicalo á innovación da empresa.

4.    O comportamento do consumidor

Comprender os mecanismos que rexen o comportamento e motivacións dos consumidores e por que escollen unhas opcións no proceso de compra e descartan outras.

5.    A sedución do cerebro do consumidor.

Neuromarketing: Un novo paradigma en mercadotecnia que veu para cambiar as nocións en mercadotecnia tal e como as entendiamos ata agora.

6.    A marca: o corazón ten xuízos que a razón compra

Coñecer o valor real das marcas. As persoas asocian a nosa marca a valores case nunca tanxibles: aprender a construír con éxito a nosa marca.

7.    Solución creativa de problemas:

Aprender a coordinar esforzos e a organizar o  traballo en equipo. Potenciar a achega de cada individuo no proceso.  Aprenderanse técnicas que fomentan a creatividade para adoptar solucións.

8.    Comunicación e publicidade

Coñecer os instrumentos de comunicación máis comúns e os diferentes estilos aplicados a comunicación e publicidade.

9.    Mercadotecnia experiencial

Ser capaces de deseñar accións concretas que inflúan na mente do cliente eficazmente.

10.  Mercadotecnia relacional e fidelización

Aprender a deseñar estratexias e accións destinadas a facilitar a relación constante co cliente que nos permita fidelizalo e xerar máis valor no tempo.

TEMPORALIDADE:

O taller consistirá en xornadas de 2 horas durante un trimestre e 10 xornadas formativas onde poder practicar.

 

Uso de cookies

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario.Se continúa coa navegación está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. Clique no enlace para maior información. ACEPTAR