O Entroido chega a Area Central con obradoiros de cociña e de disfraces, concursos e bailes

Posted By on Feb 18, 2017 | 0 comments


O Entroido está a volta á esquina e Area Central ten organizado un programa de actividades no que non faltarán obradoiros de cociña e de disfraces, un baile cheo de música e diversión e o tradicional concurso infantil de disfraces, no que os traxes máis orixinais poderán levarse varios premios.

Como antesala a esta programación, a tarde do venres, a partir das 18.00 horas os corredores de Area Central recibirán a visita da comparsa “Micos e bicos”, organizada por diferentes entidades do barrio de Fontiñas, como o centro sociocultural, Colectivo Barriopía, Micos do Barrio e Seteportas Altair; na que maiores e pequenos do barrio irán desfilando polo interior do centro comercial.

O sábado será o día máis importante. A partir das 18.00 horas, a sesión de Sábados Creativos estará adicada á cociña creativa, neste caso, centrada no Entroido. Deste xeito, os nenos participantes no obradoiro poderán elaborar mini-filloas de chocolate e caretas salgadas, entre outros pratos.

 

Ese mesmo día, o escenario principal acollerá o concurso infantil de disfraces, unha tradición no Entroido de Area Central no que máis dun centenar de nenos se darán cita para desfilar cos seus mellores disfraces. O concurso establece tres categorías: individual, parella e grupo. Para participar, é necesario inscribirse antes das 14.00 horas do 24 de febreiro a través do correo electrónico marketing@areacentral.es. Tamén se pode formalizar a inscrición o mesmo día do concurso, na zona de celebración, de 16.30 a 18.00 horas. Consulta aquí as bases do concurso.

Para a tarde do luns, Area Central ten organizado un baile de Entroido moi divertido e participativo, cheo de música, coreografías e moita alegría, que se celebrará no escenario principal do centro comercial a partir das 18.30 horas. Como colofón, o mércores 1, en horario de 17.30 a 19.30 horas, Area Central celebrará un obradoiro de disfraces de “monstros divertidos”.

Podes informarte das actividades  de Area Central no noso calendario de eventos, no que dun xeito máis visual podes ver o planning de actividades. Tamén podes estar á última sobre as noticias de Area Central no noso Facebook e no noso Twitter.

 

 

Envía un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario.Se continúa coa navegación está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. Clique no enlace para maior información. ACEPTAR