Fernando Romay apadrina o 3º Día do Deporte Solidario de Area Central este sábado 3 de xuño

Posted By on May 26, 2017 | 0 comments


Dende as 11.00 ás 21.00 horas poderanse ver ducias de disciplinas deportivas de clubes da cidade e bisbarra, que se volcan unha vez máis nesta nova edición

O fin solidario é recadar fondos a través da venda de rifas ese día. Todo o conseguido destinarase integramente á Asociación Galega de Axuda ós Enfermos con Demencias tipo Alzheimer de Santiago (AGADEA)

Deportes adaptados, baloncesto, boxeo, ximnasia rítmica, hockey, petanca, iudo, kárate, danza, esgrima, zumba, halterofilia, bádminton, ciclismo, etc. non faltarán este día

A actividadE final será a II Milla Popular Solidaria, homologada pola Federación Galega de Atletismo

Exposicións, unha charla sobre a labor de AGADEA e un pequeno museo do deporte completan a xornada. Tamén haberá inchables.

Area Central acolle o vindeiro sábado 3 de xuño a terceira edición de su “Día del deporte solidario”, un evento que concentra durante toda a xornada ducias de exhibicións deportivas das entidades da cidade e bisbarra relacionadas co deporte e que terá de padriño ó ex – xogador de baloncesto, Fernando Romay.

O que foi xogador do Real Madrid e gañador dunha prata olímpica en Los Ángeles, Fernando Romay, visitará Area Central pola tarde para amosar o seu apoio a esta iniciativa solidaria e para que as persoas poidan coñecelo e saudalo.

Area Central reunirá nesta xornada a centos de deportistas unidos por un fin solidario xa que de 11.00 a 21.00 horas poranse á venda rifas por valor dun euro e a súa recadación irá destinada integramente á Asociación Galega de Axuda ós Enfermos con Demencias tipo Alzheimer de Santiago (AGADEA).

Deportistas de distintas disciplinas daranse cita mañá e tarde nos corredores interiores e na Praza de Europa de Area Central nesta actividade organizada polo establecemento de deportes Atmósfera Sport: Centro Deportivo e Area Central, en colaboración coa Fundacion Deporte Galego, Concello de Santiago, Abanca, Jim Sports, a Federación Galega de Atletismo e Cruz Vermella. Tamén os visitantes de Area Central poderán participar en moitos dos espazos adicados a cada un dos deportes e coñecer máis de preto algún deles.

Deportes adaptados, fútbol, baloncesto, patinaxe, hockey, iudo, minigolf, esgrima, ximnasia rítmica, xogos de mesa, tenis de mesa, chave, petanca, boxeo, kick boxing ou zumba son algunhas das actividades que encherán as instalacións de Area Central durante dez horas.

 

Esta xornada pódese celebrar gracias á implicación dos diferentes clubes e empresas: Clube San Francisco Teo, Clube Xadrez Gallaecia, Club Xadrez Compostela, Arteal, Trek, Delegación de Santiago da Federación Galega de Fútbol, Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela, COGAMI, Ilunion, Agrupación Deportiva Baloncesto Fontiñas, Clube Deportivo Fontiñas, Clube Abuelo Box, Victoria C.F., Clube Halterofilia Coruña, Aeroclub Santiago, Clube Rítmica Compostela, Clube Ximnasia Oroso, Judo Clube Compostela, A casa das Linguas, Clube Hockey Compostela, Clube Gallaecia in Armis, A Incubadora, Más Creativos, Recreativos El niño feliz, Clube de Loita Noia, Asociación de Xogadores de Chave de Santiago, Compostela Esgrima, Aspas, Diver Patín, Club Loita Noia, Break Inclan, Pasito de Baile, academia de danza Balancé, Clube Taekwondo Wellness Sport, S.D. Compostela, Obradoiro CAB, Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física de Galicia, BJ Trainers, Colexio La Salle e a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple.

Un dos eventos estrelas é tamén a celebración da II Milla Solidaria, unha carreira homologada pola Federación Galega de Atletismo e na que se pode inscribir a través da web www.carreirasgalegas.com nas seguintes categorías: carreira familiar, carreira para discapacidades, benxamín-alevín, infantil, cadete-xuvenil, junior-promesa-senior e veteráns. O “Día do deporte solidario” complétase con exposicións, sorteos, un museo do deporte, xogos populares en inglés e inchables.

Podes informarte das actividades  de Area Central no noso calendario de eventos. Tamén podes estar á última sobre as noticias de Area Central no noso facebook e no noso twitter.

 

Envía un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario.Se continúa coa navegación está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. Clique no enlace para maior información. ACEPTAR