Cuarta edición da Feira “Caravaning Compostela” os días 19, 20 e 21 de maio en Area Central

Posted By on Abr 28, 2017 | 0 comments


Area Central acolle os vindeiros días 19, 20 e 21 de maio a cuarta edición da Feira “Caravaning Compostela”, un evento no que estarán presentes as empresas máis importantes e as marcas principais do sector do caravaning  e autocaravaning de Galicia.

En colaboración co Concello de Santiago, a IV Feira “Caravaning Compostela” ten como obxectivo promocionar a práctica do camping, caravaning e autocaravaning e ser unha plataforma comercial e de divulgación desta práctica de ocio familiar e en contacto coa natureza para os seus usuarios habituais. Este evento tamén pretende servir para descubrir entre as persoas que non o coñecen esta forma de ocio apta para todos os orzamentos.

Ó igual que o ano pasado, Area Central contará nesta edicion coa colaboración na difusión e promoción da  Asociación Galega de Autocaravanas.

A feira poderase visitar os tres días, dende o venres 19 ó domingo 21, de 11.00 a 20.00 horas.

Podes informarte das actividades  de Area Central no noso calendario de eventos. Tamén podes estar á última sobre as noticias de Area Central no noso facebook e no noso twitter.

Envía un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario.Se continúa coa navegación está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. Clique no enlace para maior información. ACEPTAR