“Area Central ponse de moda”: nova campaña con casting e desfile, blogueiras coñecidas, set de maquillaxe e moito máis, desde o xoves 13 ó sábado 22 de outubro

Posted By on Oct 5, 2016 | 6 comments


Co obxectivo de poñer en valor os establecementos de roupa, complementos, zapaterías, perruquerías e establecementos de estética e beleza cos que conta Area Central, desde o xoves 13 ó sábado 22 de outubro o centro comercial contará con varias accións que teñen como eixe común a moda e a estética: “Area Central ponse de moda”.af-cartel-70x100

Esta campaña realizará diferentes actividades sobre estilismo e beleza, sendo o evento estrela o desfile que se celebrará o sábado 22 de outubro, ás 19.30 horas en Area Central. Nel poderanse coñecer as tendencias en moda e complementos que os clientes poden atopar nos establecementos de Area Central, tanto para nenos como para adultos. O desfile é un xeito de resaltar os moi variados establecementos de moda cos que conta Area Central e toda a súa ampla gama de produtos.

Para o seu desenvolvemento, nas tardes do venres 14 e sábado 15, realizarase un casting aberto a todos os públicos (nenos e adultos) para que a organización poida facer unha selección dos participantes nesta pasarela de moda. Todos os que superen o casting, levarán de obsequio un vale por valor de 50 € para gastar nos establecementos comerciais de Area Central.

Presencia de blogueiras recoñecidas: Il mio piccolo capriccio, Donkeycool e Isashopaholic

Esta campaña tamén está respaldada pola presencia de influíntes bloggers de Galicia: Il mio piccolo capriccio (con máis de 50.000 seguidores en Instagram) e Donkeycool e Isashopaholic (cuns 8.000 seguidores cada unha af-cartel-70x100-programacionen Instagram). As tres bloggers formarán parte do xurado no casting e serán as responsables do set de asesoramento e personal shopper, no que as persoas se poderán achegar e escoitar os consellos e suxestións sobre estilismo. Este espazo de asesoramento funcionará os venres 14 e 21 e os sábados 15 e 22, de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas.

A campaña tamén contará cun espazo de perruquería e maquillaxe, que estará dispoñible os venres 14 e 21 e sábados 15 e 22, de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas. Quen queira recibir consellos sobre beleza e participar nunha sesión de maquillaxe, deberá presentar un ticket de compra igual ou superior a dez euros de calquera dos establecementos comerciais de Area Central.

Recollida de roupa usada e exposición de alumnos da escola de deseño Goymar

O evento compleméntase cun stand solidario, xa que se ubicará un espazo no que todas as persoas que o desexen poderán doar a roupa que xa non usan e destinala a fins sociais, coa colaboración de Cáritas. Desde o xoves 13 ó sábado 22, de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas disporase dun contenedor no que as persoas poderán depositar as súas prendas. As persoas que realicen donacións levarán de recordo un imán ou chapa personalizada coa fotografía do momento da súa doazón.

Por último, os corredores de Area Central acollerán unha exposición coas creacións dos alumnos da escola de deseño e moda Goymar, que se poderá ver desde o xoves 13 ó sábado 22,  e formada por unha veintena de traxes.

Podes informarte das actividades  de Area Central no noso calendario de eventos. Tamén podes estar á última sobre as noticias de Area Central no noso Facebook e no noso Twitter.

6 comentarios

  1. como puedo inscribirme al casting

    Post a Reply
    • Bos días: Tan só tes que achegarte este venres 14 ou sábado 15 a Area Central. O casting celebrarase de 17.00 a 21.00 horas no noso escenario principal. Esperámoste! Sáudos

      Post a Reply
  2. Por qué no un casting de mañana o medio día ?? Para darle la posibilidad de ir a las personas que trabajan en horario de tarde

    Post a Reply
    • Hola, Cristina: Lo tendremos en cuenta para la próxima. Ya hemos establecido dos días de casting precisamente pensando en la gente que no se puede acercar un día, que venga el otro. Saludos

      Post a Reply
  3. Cuál es la edad máxima para un niño? Adolescentes también pueden? Tengo dos hijas de once y 14.

    Post a Reply
    • Hola, Olga: Tus hijas serán bien recibidas al casting. Hay tiendas de moda juvenil de Area Central que van a participar en la pasarela; por lo que necesitan niños de 4 años en adelante. Saludos

      Post a Reply

Envía un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario.Se continúa coa navegación está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. Clique no enlace para maior información. ACEPTAR