Area Central celebra San Valentín co sorteo dunha noite nunha casa de turismo rural entre os seus visitantes

Posted By on Feb 13, 2017 | 0 comments


Area Central celebra San Valentín coa organización dun sorteo para pasar unha noite nunha casa de turismo rural, en colaboración coa Federación Galega de Turismo Rural (FEGATUR).

Os que queiran participar e poder optar a este premio, soamente teñen que achegarse ata o martes 14 de febreiro ao stand instalado enfrente das rampas mecánicas que dan acceso ao hipermercado, cubrir os seus datos e a partir dese momento, xa estarán participando no sorteo, sen necesidade de ter realizado ningunha compra. O horario do stand é todos os días de 16.30 a 20.30 horas, excepto o sábado 11, que a maiores tamén estará operativo de 11.00 a 14.00 horas.

O sorteo realizarase o mércores 15 de febreiro a través da aplicación contida na web www.sorte2.com. O nome do gañador sairá publicado no Facebook de Area Central o propio mércores 15. O gaÑador terá que poÑerse en contacto con Area Central para recibir o seu premio, tendo de prazo máximo para reclamalo o mércores 22 de febreiro.

O premio consiste nun Bono Prata de Turismo Rural xentileza de FEGATUR canxeable por unha noite de aloxamento en habitación dobre e almorzo para dúas persoas nun aloxamento “prata” de turismo rural adscrito ao programa “Bonos Empresa Fegatur Turismo Rural”.

 

Con este sorteo, Area Central non quere esquencer esta data tan romántica e lembrar que os seus establecementos comerciais dispoñen dunha gran variedade de agasallos para obsequiar á parella: perfumes, flores, roupa, xoias, complementos, produtos de electrónica, etc.  

Podes consultar as bases aquí.

Podes informarte das actividades  de Area Central no noso calendario de eventos, no que dun xeito máis visual podes ver o planning de actividades. Tamén podes estar á última sobre as noticias de Area Central no noso Facebook e no noso Twitter.

 

Envía un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario.Se continúa coa navegación está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. Clique no enlace para maior información. ACEPTAR