Area Central celebra o 8 e 9 de abril o seu primeiro Salón de vodas, comuñóns e bautizos

Posted By on Mar 17, 2017 | 0 comments


Area Central celebrará o sábado 8 e o domingo 9 de abril o seu primeiro Salón de vodas, comunións e bautizos, unha oportunidade para que as persoas que se atopen preparando este tipo de eventos dispoñan concentradas en dúas xornadas unha amplia variedade de empresas especializadas nesta temática.

Os corredores de Area Central encheranse eses dous días de numerosas e moi variadas empresas vinculadas ó sector nupcial, ademais das relacionadas coas comuñóns e os bautizos: aluguer de coches, fotografía, axencias de viaxes, restaurantes, tendas de moda, detalles, animación musical, etc. Os responsables dos stands orientarán e aconsellarán ás persoas que se atopan metidos na organización destes eventos.

A presencia de diferentes stands complementarase con numerosas e divertidas actividades lúdicas pensadas para todos os públicos e que se desenvolverán tamén as dúas xornadas, tanto pola mañana como pola tarde. Entre elas destacan recreacións, animacións, inchables, espectáculos, etc.

 

Con motivo deste primeiro Salón de vodas, comuñóns e bautizos, Area Central organizou un sorteo para gañar 100 euros en vales agasallos para gastar nos seus establecementos comerciais. Consulta aquí as bases do sorteo e infórmate de todo o relacionado co Salón no seu Facebook.

Podes informarte das actividades  de Area Central no noso calendario de eventos, no que dun xeito máis visual podes ver o planning de actividades. Tamén podes estar á última sobre as noticias de Area Central no noso Facebook e no noso Twitter.

Envía un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web emprega cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario.Se continúa coa navegación está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies. Clique no enlace para maior información. ACEPTAR